Temos o pracer de participar como ponentes nestas xornadas dedicadas á dinamización das bibliotecas escolares e ao fomento da lectura nos centros educativos. Será un espazo de encontro, intercambio de experiencias e aprendizaxe compartida arredor do papel fundamental das bibliotecas na vida escolar.
Estamos moi ilusionados de poder compartir o noso traballo e coñecer tamén as iniciativas doutros centros que, como nós, apostan por facer da biblioteca un motor de innovación e participación na comunidade educativa.
Comezamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario