jueves, 26 de marzo de 2026

Entrevista ao último mineiro de Fontao don Amable Brea

 FONTAO No marco do proxecto Donas de si, o alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha investigación sobre a situación e o traballo da muller nas minas de wolframio de Fontao. Analizaron cuestións como o traballo na nima, os salarios o estraperlo, a situación dos presos políticos ou as actividades realizadas no tempo de lecer. A investigación completouse cunha entrevista realizada por Cristina Méndez a Amable Brea, o último mineiro que traballou en Fontao. Amable falou do seu traballo na mina, da situación da muller, que recibía un salario inferior ao dos homes e das actividades culturarais que se desnvolvían no poboado mineiro. Chegaron a existir catro cines e sesenta e catro tabernas. Tamén mencionou a Casa de Meléndez, onde se realizaban bailes con orquesta.


 Grazas a Paula Rivela descubrimos que esa casa sigue existindo. Queremos agradecer a colaboración de Amble Brea, do seu fillo Darío e a súa nora Celsa. E, especialmente, o traballo de Cristina Méndez que realizou a entrevista.









No hay comentarios:

Publicar un comentario