No obradoiro de Soldadura e Caldeirería, dirixido por Lois e alumnado do ciclo, observaron de preto o traballo con metais, as técnicas de unión e fabricación e a importancia da precisión e da seguridade neste ámbito. Foi unha ocasión para romper prexuízos e valorar unha profesión técnica con moita demanda no mercado laboral
lunes, 15 de junio de 2026
Coñecendo o futuro: o alumnado de 4º de ESO visita os ciclos formativos do centro
Nos últimos días, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de achegarse a unha decisión importante para o seu futuro académico e profesional: coñecer de primeira man os ciclos formativos que se ofertan no noso instituto.
No ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, da man de Imanol, o alumnado coñeceu unha formación centrada no coidado, na empatía e no acompañamento de persoas que precisan apoio no seu día a día. Achegáronse a situacións reais e comprenderon a importancia social e humana desta profesión.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)









No hay comentarios:
Publicar un comentario