jueves, 5 de noviembre de 2026

O outono tamén florece nos nosos corredores

 O outono chegou aos corredores de TAPDS enchendo cada recuncho de cores, detalles e pequenos motivos que nos lembran a beleza desta estación.

Detrás desta decoración hai moito máis ca follas, cores e elementos propios do outono: hai ilusión, creatividade, traballo compartido e ganas de transformar os espazos que habitamos en lugares máis acolledores e cheos de vida.


Porque tamén se aprende creando, coidando os detalles e facendo dos pequenos xestos algo especial. Grazas por poñer tanto agarimo nesta decoración e por regalarnos un anaquiño de outono cada vez que percorremos estes corredores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario