Hoxe celebramos o día do libro entregando os premios do concurso de escritura rápida, realizado a pasada semana durante a hora de ler.
Parabéns a Manuela Quinteiro (4º ESO) e Gonzalo Sobrado (1º de ESO) tamén a Elena Castro (4º ESO) e Joel García (4º ESO) que no aparecen na imaxe por estar de excursión.
Parabéns a Owen, Hansson, Bruno e Aday que interpretaron o
cadro do pintor Diego Velázquez, titulado Tres músicos e conseguiron así
o premio á mellor aula.
Este sábado, a Fundación Paco Lareo fixo entrega dos galardóns do I Concurso de Curtametraxes Documentais Carlos Asorey Martínez. O xurado desta primeira edición estivo formado por Alfonso Pato, Daniel González, Carmen Lareo e Xaime Varela, profesionais vencellados ao ámbito cultural e audiovisual.
O IES Marco do Camballón participou activamente no acto, tendo a honra de entregar o Premio do Público, un recoñecemento que pon de manifesto a importancia da mirada colectiva e da participación da comunidade educativa neste tipo de iniciativas.
Queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Paco Lareo por convidarnos e implicarnos nunha actividade que aposta pola creatividade, dá visibilidade ao talento de novas e novos creadores e, ao mesmo tempo, recoñece o valor do rural como espazo de cultura, memoria e inspiración.