Mostrando entradas con la etiqueta Número PI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Número PI. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de marzo de 2023

Récord de memorización do número PI


 Candela e David Troncoso teñen unha memoria prodixiosa e conseguen recordar 421 e 420 cifras decimais do número PI.

O departamento de Matemáticas para conmemorar o Día internacional do número PI, 14 de marzo, organiza un concurso, onde o curso pasado resultara gañadora África García.

Dende o centro mandarán as marcas dos irmáns ao portal web Pi World Ranking List, que compila os récords de memorización deste número en todo o mundo. Xa figura África García e agora farano Candela e David Troncoso. En principio os seus rexistros ocuparán os puestos 370 e 371 dese ránking a nivel mundial, mentras que territorio español estarán séptimo e octavo.

Parabéns Candela e David!

Grazas a vós hoxe o Camballón sae na Voz de Galicia e no Faro de Vigo

jueves, 17 de marzo de 2022

Número PI

África García Lorenzo, alumna de 1º ESO no IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), vén de estabelecer un novo récord de memorización do número, cun total de 166 cifras decimais.

Este récord encadra nun concurso organizado polo departamento de matemáticas do centro co gallo do Día Internacional do número, que se celebra cada 14 de marzo. A anterior marca correra a cargo de Nuria Torres Novo, cun total de 145 cifras.

O departamento de matemáticas está a xestionar o rexistro oficial da marca de África no Pi World Ranking List, onde se recollen todos os récords de memorización de cifras decimais do número. De xeito preliminar, a marca de África podería colocarse no posto 600 a nivel mundial e 10 a nivel español.

Con esta iniciativa, o departamento de matemáticas quere favorecer o coñecemento e importancia do número. Entre outras iniciativas, tamén promoverá un programa de radio e un obradoiro de esopías, composicións narrativas asociadas á natureza do número.

sábado, 30 de marzo de 2019

Memoria prodixiosa


 O departamento de Matemáticas leva tres anos consecutivos celebrando unha proba de memorización do numero PI para conmemorar o Día Internacional de este número especial, que se conmemorou o 14 deste mes.
Este ano, Nuria Torres, alumna de 3º ESO, memoriza 145 cifras do número PI, converténdose así na mellor marca de Galicia e a sexta de España. 
Nuria alcanzou este resultado no primer intento e nun tempo de 4 minutos.
Parabéns Nuria!!