Xa temos na biblio a última obra de Séchu que reseña José F. Asorey:
Séchu
Sende, A
República das Palavras
A
editorial Através vén de sacar do prelo A república
das Palavras, recente contribución de Séchu Sende á República das Letras
Galegas. Trinta e tantos relatos breves con algunhas cuñas poéticas conforman
esta magnífica obra que o seu autor confirma ser continuación de Made in Galiza. Pode considerarse como
unha miscelánea narrativa na que Sende, xogando coas imaxes humorísticas, trata
temas de ficción, realistas e mesmo surrealistas, desde anécdotas tabernarias
ata narracións sublimes que non nos deixan indiferentes. Asemade, fai unha
defensa apaixonada da lingua e da cultura de noso, tocando ademais outros temas
como pode ser o feminismo e o amor polos animais. Dada a miña simpatía e
admiración por Séchu, que me honra coa súa amizade, recoñezo que non podo ser
totalmente obxectivo, pero o que si podo asegurar é que coa lectura de A República das Palavras gocei
moitísimo.
Días
atrás, o diario catalán La Vanguardia publicou unha recensión coa que coincido
totalmente. Recomendo encarecidamente a súa lectura.
Parabéns,
Séchu, e grazas por esta achega á República das Letras Galegas.
Aquí tedes algunhas ligazóns de interese:
http://www.lavanguardia.com/20150530/54431972660/galaicocatalanes-marius-serra.html
Esta é a foto que Xurxo Mariño lle fixo ao escaparate dunha libraría tarraconense na que se expoñía a versión catalá da Made in Galiza, La venedora de paraules