viernes, 28 de febrero de 2025

Taller de Baile con Manuele Pardo. A tradición dentro da escola

 Hoxe estivo no Camballón Manuele Pardo, integrante de grupos como AILÁ, A Banda

das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional. 

A finalidade desta actividade é que o alumnado se acerque ao baile galego (centrándonos na xota e a muiñeira) e os seus movementos básicos.

O baile galego fórmase coa suma de diferentes pasos que podemos ir enlazando, acumulando e unindo como pezas de crebacabezas, colocándoos sobre a melodía de xeito improvisado e traballando cualidades como a creatividade, o desenvolvemento motriz fino e groso, a memoria coreográfica, o ritmo, o control espacial, o traballo en equipo, etc.


Bailaron o suelto pero non podía faltar o agarrado e dou claves para facer un balseo. Grazas Manuele, pasáronnos fenomenal!!



Manuele de Pardo. Mostra de instrumentos tradicionais.

 Manuele Pardo, integrante de grupos como AILÁ, A Banda das Crechas ou Os Estalotes, todos eles vencellados á música tradicional, mostrounos  os diferentes instrumentos da tradición galega (varios tipos de gaita, pandeireta, tambor, cunchas, castañolas, acordeón...), as súas partes, a técnica coa que se tocan e 
o seu son, que acompañaremos dalgunha canción contando coa participación do alumnado para facer deste unha práctica dinámica e interactiva.






Con esta mostra, buscamos que a rapazada coñeza e poña en valor os instrumentos da nosa cultura, sendo un patrimonio a respectar e coidar dende a infancia.

Remataron o taller botándolle unha peza e bailando, como ten que ser!!

miércoles, 26 de febrero de 2025

Proxecto Ríos: O Abeseiro

 Tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Física e Química visitaron a área recreativa de Toiriz co fin de sentar as bases do Proxecto Ríos. Elexiron un treito de 100 m de río para inspeccionar co alumnado no mes de maio, e levar a cabo estudos sobre a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica das nosas augas. Ademais, tomaron mostras de auga en diferentes zonas para o seu posteior análise no laboratorio escolar. Deste xeito, relacionamos as materias de índole científica coa súa realidade máis próxima, a vez que se espertan capacidades como a observación, a experimentación, o tratamento de datos e a extraccións de conclusións.

 








Participamos no congreso da NOSA

 

O alumnado de 1o BAC asistiu ao congreso anual da NOSA celebrado o 25 de febreiro, organizado en

Cerceda.

A NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo promovido por varios centros

públicos galegos co obxectivo de lanzar unha cápsula estratosférica con distintos experimentos científicos.




O noso alumnado presentou os obxectivos do seu experimento: a estimación do radio terrestre a través de

datos de imaxe. No punto álxido do voo, cando a cápsula supere os 30 km de altitude, rexistraranse

imaxes da superficie terrestre a partir das cales o alumnado obterá unha aproximación do radio da Terra

empregando os seus coñecementos de trigonometría.

O lanzamento está previsto para o mes de maio.



Meco