
Algo hai do primeiro, pero pouco do segundo. O autor xoga francamente ben co lector e vai desgajando uns poucos datos para atrapalo: intuímos que hai unha dificultade, un problema entre os fillos de ambos, e quedaron, non para falar, senón para solucionalo.
A curiosidade por saber que ocorreu (e xa máis adiante, como o resolverán os personaxes) lévanos a unha historia hitchcockiana, na que a narración en primeira persoa non impide que vexamos todas as caras do caleidoscopio que forma a personalidade de Paul Lhoman. Cando un cre saber por que camiños vai discorrer (enfrontamento entre facer o correcto ou protexer ao seu fillo), atopámonos cunha volta de torca, xa que non só van aparecendo máis datos senón que formas insospeitadas (nuns pais) de tratalos aparecen ante os nosos ollos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario