
A protagonista da historia é a avogada Rebecka Martinsson.Todo comeza coa
aparición do cadáver dunha muller nun lago xeado. O corpo demostra que
foi torturado, e está
marcado ao redor do
nocello cunha estraña
queimadura. Desde o principio, a inspectora Anna-Maria Mella sabe que necesitará axuda.
O corpo é identificado como o dunha das executivas dunha compañía mineira cuxo poder esténdese por todo o mundo. Anna-Maria require dunha avogada para que lle explique algunhas cousas achega do negocio, e coñece á mellor: Rebecka Martinsson, desesperada por volver ao traballo despois dun caso que a esnaquizou. Logo de aceptar a proposta de Anna-Maria Mella, as súas
investigacións revelan unha complexa e sinistra relación entre a vítima, o seu irmán e o director da empresa. Aínda que todo parece sinalar cara a un móbil sexual, os negocios turbios de Kallis Mining abrirán outra vía de investigación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario