Un avogado de Wall Street necesita contratar un novo escribiente, xa que os dous que até o momento ten en nómina non dan abasto. Decídese por un personaxe silencioso e sombrío, pero que desde o principio convértese no mellor dos seus empregados (algo que, por outra banda, non era demasiado difícil). Pero un día, de súpeto, o pálido e misterioso Bartleby négase a cumprir unha orde.
A partir dese momento Bartleby comeza a rehuir toda acción, consumíndose nunha especie de implosión; Bartleby preferiría non obedecer, preferiría non contestar, preferiría non marcharse da oficina. E, ante esta estraña resistencia por parte do seu empregado, o avogado reacciona dun modo non menos absurdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario