Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no
instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha
cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta
moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a
capacidade de viaxar no espazo e no tempo.Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa
están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os
dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer.Nun
intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos
viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde
nada é o que parece.Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a
súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e
perigos se mesturan nunha situación que porá a proba a súa amizade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario