
A xanela escura. un ensaio que percorre tres
tópicos fundamentais do cinema de terror: os vampiros, o sangue e os
zombis. Desde unha perspectiva moi amena, Jorge Emilio Bóveda
permítennos comprender as bases dos tópicos fílmicos dos que tanto
gustamos.
Ten nas súas mans o primeiro libro galego sobre cinema de terror.
Pero non tema. Non está escrito por un friki que non ve alén dos seus
solitarios praceres, nin por ese crítico que só gusta das películas que
tratan da problemática social de Uzbekistán. Non. Está escrito por
alguén como vostede, alguén que conxuga o san e incondicional amor polo xénero do fanático,
co coñecemento enciclopédico e co rigor do estudoso. Só así se puido
acadar esta obra que vostede sostén nestes intres: o mergullamento nos
alicerces arquetípicos do terror, un percorrido que mostra como os
símbolos fundamentais do xénero mutan e sobreviven a través das décadas,
quizais como as propias criaturas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario