Comeza a 5ª Fase do CambaNet da man do Departamento de Orientación que centrará as súas cuestións na situación da muller, os roles sexuais e as actitudes sexistas. Teremos dous bloques de preguntas, nas semanas do 26 ao 30 de xaneiro e do 2 ao 6 de febreiro.
Lembrade que para responder as preguntas deste 1º bloque debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades entre o luns 26 e o venres 30 de xaneiro. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
- Cada resposta correcta: 5 puntos
- Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
- Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación do 1º bloque da quinta fase do concurso, faranse públicas o domingo 1 de febreiro.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
As preguntas son as seguintes:
1. Que obra da autora Gemma Lienas recoñecida co “ Premio Internacional Unesco 2003 á tolerancia” trata, a efectos
de guía subversiva, sobre
a situación da muller no mundo actual e nos axuda a descubrir situacións inxustas cando actuamos
segundo modelos impostos.
2. Que película do 2002 da directora Gurinder
Chadha con música orixinal de Craig Pruess nos
axuda a ter unha actitude crítica ante determinados roles sexuais e comportamentos
sexistas que non favorecen unha relación igualitaria entre persoas? Cóntanos nunha palabra o tema.
1-
ResponderEliminarEl diario violeta de Carlota.
2-
Quero ser como Beckham. Culturización.
1. O diario violeta de Carlota
ResponderEliminar2. Bend It Like Beckham
Tema: Machismo
1.O diario violeta de Carlota.
ResponderEliminar2.Bend It like beckam. O sexismo.
Resposta 1 - O diario violeta de Carlota.
ResponderEliminarResposta 2 - Quero ser coma Beckham. Igualdade.
1.El diari lila de la Carlota (O diario violeta de Carlota).
ResponderEliminar2.Bend it like Beckham (Quero ser coma Beckham). Tolerancia.
1. "O diario violeta de Carlota"
ResponderEliminar2. - "Bend it like Beckham" (Quero ser como Beckham).
- Discriminación