lunes, 26 de enero de 2015

ODISEA 2015




Comeza hoxe luns 26 de xaneiro a X edición do Concurso Odisea no que participan 4 equipos do Camballón:

OLLO DE SAURON
CALIPSO
BASILISCO
ILUSSIA



Moita sorte aos 4!!!


Da Organización do concurso envíannos o seguinte escrito:

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

Saúdos.

A organización do concurso.

Aproveitamos esta entrada para comunicarvos que o xoves 29 e coincidindo co Preguntón, celebraremos na Biblioteca de 11:30 a 11:55 unha festa grecolatina á que estades tod@s invitad@s. Haberá música, imaxes de Grecia e Roma, algo de comer e ...sorpresas!!! 
Non faltedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario