Este é o título da charla que nos regalou Xurxo Mariño o pasado martes 3 de marzo.
E como se dun novo Odiseo se tratase, durante máis de hora e media seguimos, enfeitizad@s, as súas andainas polo mundo adiante, entre os lotófagos, os cíclopes, as Escilas e as Caribdis do noso tempo.
Realmente foi o relato dunha viaxe chea de aventuras, chea de coñecementos, que nos
deixou a tod@s cunhas ganas enormes de coller a mochila e saír a percorrer este fascinante planeta que, moitas veces, tan mal tratamos.
Non fai falla dicir que agardamos impacientes a próxima publicación do
libro no que recolle estas e outras experiencias para atesouralo na nosa
biblioteca.
E así como el nos ofreceu un resume do seu extraordinario periplo, tamén
nós presentamos aquí unha versión abreviada da súa visita, pero se queredes ver completo o vídeo da súa charla, podédelo facer no ordenador da biblioteca.
Facendo click nas imaxes podedes ler o relato co que nos agasallou
e outras obras súas que están na rede
E aquí vos deixamos algunhas das fotos que tomamos ao longo da súa estancia no noso centro:
Grazas, Xurxo, por unha mañá chea de marabillas!
Gustoume moito. Foi moi divertido, ademais foi interasante, non faltaron curiosidades de moitos lugares. Espero mais charlas coma esta
ResponderEliminarMoitas grazas a vós por acollerme con tanto cariño. Unha aperta!
ResponderEliminar