sábado, 14 de marzo de 2015

Feliz día de Π

O día de Pi  celébrase todos os anos o 14 de marzo ( 3/ 14). 

Pi, representado mediante a letra grega π, expresa unha cantidade moi común no estudo das figuras circulares,  de gran importancia  para a ciencia e a tecnoloxía. Concretamente, π é o resultado de dividir a lonxitude de calquera circunferencia entre o seu diámetro. 
π  ten infinitas cifras decimais, sendo as primeiras: 

π = 3,14159 26535 89793 23846 26433 83279 50288 41971 69399 37510 58209 74944 59230 78164 06286 20899 86280 34825 34211 70679 82148 08651 32823 06647 09384...         

Case nada!!

Este ano a celebración é máis especial por cadrar a data con máis cifras do número, de aí que a festa  sexa aínda maior!

Non  dubides  en festexar tamén ti o instante máis  π  do século!!


1 comentario:

  1. LEVO DESDE XANEIRO ESPERANDO ESTE MOMENTO E VOU E OLVÍDOME, É INXUSTO!!!

    ResponderEliminar