domingo, 26 de abril de 2015

Manos Unidas 2015

O pasado 17 de outubro de 2014, coincidindo co Día internacional para a Erradicación da Pobreza, arrancou o concurso de Clipmetraxes de Manos Unidas co lema "O desafío da fame no mundo II". A final autonómica tivo lugar o 10 de abril na Coruña.
O alumnado de Relixión desde 2º ESO ata 2º Bacharelato do instituto presentou 15 propostas para sensibilizar sobre a fame e denunciar as causas durante un minutos.
Os nosos comportamentos, o  noso modelo socioeconómico e as nosas actitudes están detrás das causas da fame. A degradación medioambiental, os biocombustibles e o acaparamento de terras son as tres causas evitables e denunciables da fame no mundo.
Aproveitamos a viaxe para visitar a casa onde residíu Pablo Picasso dende 1891 ata 1895 e onde están expostas 33 das súas obras.
Tamén fomos ao monte de San Pedro, onde subimos no ascensor panorámico, vimos os canóns e a cúpula atlántica, paseamos polo labirinto inglés elaborado con plantas italianas e gozamos das vistas da Coruña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario