Hoxe o alumnado de Relixión de 1º de ESO foi descubrir o patrimonio arquitectónico relixioso e cultural da nosa contorna, en concreto exploraron a Igrexa de Nosa Señora da Piedade en Vila de Cruces.
O patrimonio é un legado que recibimos dos nosos antepasados e que transmitimos ás futuras xeneracións. Por iso é importante descubrir cales poderon ser os motivos de colocar cada elemento nun lugar determinado. Grazas a dona Concha puidemos constatar algús cambios de elementos dentro da Igrexa e falounos das festas do pobo por iso na Igrexa hai imaxes como: San Bartolomeo, San Antonio, Nosa Señora da Piedade, San Isidro, Santa Rita, A Virxe do Pilar, Santa Lucía... entre outras imaxes. Tamén nos falou da tradicíón do Via Crucis que antigamente pola Semana Santa, se ía percorrendo canda un dos pasos e lembrando que ía sucedendo en cada unha das estacións.
Moitas grazas dona Concha por compartir cos nós tanta sabeduría!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario