lunes, 3 de febrero de 2025

Falamos do acoso escolar

O grupo de 2º ESO estivo a falar sobre o acoso escolar cos educadores da Asociación Arela, dentro do seu programa para a prevención do mesmo. 

Conversaron sobre os distintos roles que se dan nas dinámicas de acoso escolar, os seus tipos e as súas consecuencias para os distintos implicados, mesmo consecuencias legais, pois en moitas ocasións e incluso sen ser conscientes, as persoas acosadoras poden estar a cometer un delito que levará consigo consecuencias legais. 

Os educadores incidiron na importancia de romper a lei do silencio e facer trato co bo trato!

No hay comentarios:

Publicar un comentario