Onte o noso alumnado de 1º ESO percorreu unha pequena ruta pola Area recreativa do río Arnego, un espazo natural protexido. Itziar e Ramsés, da Asociación ADEGA, faláronlles das sobreiras (como se quita a cortiza, para que serve....) desta zona entre o río Ulla e o río Arnego así como doutra flora de moito interese como son as toxeiras, xesteiras eo monte baixo.
Descubriron unha tosta, caixas para mórcegos... pero tamén plantaron sobreiras e ameneiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario