Reservade esta data para ver a obra Las bicicletas son para el verano no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces. Participa o alumnado de 4º de ESO de Dramatización.
jueves, 19 de junio de 2025
miércoles, 18 de junio de 2025
Novo sorteo
Como non hai gañador do sorteo da excursión de Barcelona e Tarragona, este é o seguinte número, tedes ata venres para que apareza o acertante.
martes, 17 de junio de 2025
Son das Cruces. Ruta Larazo
Shaila, Cintia, Helena e Sarai foron as encargadas de mostrarnos San Xoán de Larazo. Partiron do lugar
de Contiña e o primeiro que atoparon foi o lavadoiro do lugar. Despois viron o muiño de Portabalde, no que está en funcionamento. Seguimos hacia as escolas de Larazo, unha delas estaba destinada as rapazas (nel fanse varias actividades para as reunións veciñais) e a outra aos rapaces (hoxe local social) e foron beber a fonte de Cedelle. Voltaron para visitar a capela do Sagrado Corazón a carón da que está a casa reitoral da parroquia.
Se se queren ver unhas boas vista do pantano tedes que ir lugar de Larazo e xa queda cerca a igrexa parroquial de San Xoán de Lazaro, onde descubrimos pegadas do pintor insuense Lorenzo, como ven recolle nunha inscripción do altar. Pero esta igrexa ten detalles moi peculiares na sacristía decorada cunha cenefas, unha pía e unha ventana que da ao altar.
Avanzando hacia o campo da festa, atoparon a casa do maestro, unha casa importante onde naceron doce fillos e cada un tiña un caseiro. A carón desta casa está o cruceiro, antes estaba un pouco máis para diante, pero que se cambiou por mor da carretera. Cada ano, a procesión de Corpus vai ata este cruceiro e despois voltar a igrexa. Xa no campo da festa, podedes ver un monolito co himno de Feliciano Cajide, más conocido por Contiña, músico de Larazo, pero tamén dirixiu varias bandas da comarca, como A Baíña e Muimenta, e foi compositor e letrista.
viernes, 13 de junio de 2025
Recomendacións lectoras
casa. Ler axúdache a mellorar a imaxinación, a expresarte mellor e a ver o mundo con outros ollos. Así que non o dubides: achégate á biblioteca, escolle o teu libro... e déixate levar! Daniela, Elena, Xoel e Anxo fannos unhas recomendacións que vos poden servir de guía.
Aproveitade o tempo para descansar, gozar e... ler moito! Vémonos á volta coa mochila chea de historias para compartir.
A lectura é o mellor recordo que podes traer do verán.
jueves, 12 de junio de 2025
Cociñando con Maruja da Cunca
Hoxe alumnado de Tapsd participou nun taller de elaboración de Croquetas de Xamón impartido por Maruja da Cunca. Fixeron todo o proceso de elaboración da pasta. Comezaron derretindo a mantequilla, engadiron fariña, noz mostada, pimenta, xamón, ovos e unha vez que a masa estaba lista puxéronna a enfriar nunha fonte e cubriron.
Son das Cruces. Ruta Santo Tomé de Insua
E onte da man de alumnado de 4º de ESO, Antía, Xairo, Fran e Xoán tocou descubrir a parroquia de Santo Tomé de Insua. Partiron do lugar de Dorvisou onde estiveron na escola, construida grazas a algúns dos veciños do lugar incluido un pintor emigrado, que tamén decorou o seu interior con diversas pinturas realizadas por el. Este lugar tamén está a Capela da Virxe das Dores que uns veciños de Cumeiro construiron como ben di na entrada, aquí celebrábase a festa na honra desta Virxe en Maio. Seguindo a ruta pasamos pola que fora a casa do pintor, casa importante con hórreo e próxima a ela descubriron unha das horreas que hai na parroquia.
Este lugar conta con varios muiños como o de Cubelos, o de Lareos, o do Couto que contaba con lavadoiro onde ían as mulleres do lugar lavar. Todos eles estaban repartidos por días entre a veciñanza e os arranxos corrían ao seu cargo. Despois pasaron polo Muiño de Xordedo, tamén coñecido como o da Cangalla, xa que unha gran enchenta levou o muiño e a cangalleira quedou colgada dunha árbore, nel moían os veciños de Xordedo. Despois fomos hacia Castro, ver o campo da festa de San Roque, que se facía o 14 de setembro e que ten unha fonte cuxa auga se di que cura diferentes males. Aqui tamén se pode ver un Carballo centenario.
Nesta parroquia hai outra escola, na parte baixa esta a escola e na segunda planta era a vivenda da mestra que foi reformada no 2003 e que se adica a local social.
Continuaron hacia o campo da festa construido fai trinta anos con gradas onde se facían o Santo Tomé o 19 e 20 de agosto, antigamente era o 21e 22 de decembro, despois foron hacia a Igrexa Parroquial onde viron a rectoral e un local das escolas católicas, pasamos o muiño do Castro, a ponte e dirixíamos hacia o muiño co
cura para despois ir hacia o Couto, único lugar de toda a aldea que fai máis de 70 anos tiña luz grazas a que un veciño diseñou unha especie de turbina ou xenerador de luz que as noites abastecía a este lugar da parroquia. Cada noite os veciños turnábanse para botar a turbina a andar e finalmente voltaron a Dorvisou, de onde partiron.
miércoles, 11 de junio de 2025
Teatro radiofónico
martes, 10 de junio de 2025
Recomendación de Marco di Murano
Neste vídeo imos mergullarnos nunha obra fascinante, escrita con maxistral detalle, que nos transporta a unha illa, berce dos mestres vidreiros máis recoñecidos de Europa. Así no lo presentan o alumnado de 1º de ESO