O alumnado de 2º de Bacharelato da materia Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia está a desenvolver un proxecto baseado na análise do patrimonio natural galego.
O venres da semana pasada realizaron unha saída de campo nos arredores do instituto na que recolleron distintas mostras de flora: matogueira, landa, flores e froitos.
Hoxe iniciaron a catalogación de cada especie, buscaron o nome común e o científico para logo expoñelo. Nos próximos días ides poder observar o resultado do traballo nos corredores do centro.





No hay comentarios:
Publicar un comentario