viernes, 19 de diciembre de 2025
Visita a Cobideza, dona Cobiña
Recomendacións lectoras, Nadal 2025
A lectura é moi importante: axúdanos a imaxinar, a aprender, a relaxarnos e a coñecernos mellor. E agora que chega o Nadal, teremos máis tempo libre para ler con calma, ademais de gozar da familia, das amizades e das celebracións.
Un libro pode ser un gran compañeiro nestas vacacións. Achégate hoxe á biblioteca e leva o teu!
O equipo da biblioteca deséxavos un Feliz Nadal!!
jueves, 18 de diciembre de 2025
Calendario Solidario
Xa podedes mercar o noso calendario solidario.
Todo o recaudado será destinado á Fundación Martín Álvarez Muelas que apoia a investigación sobre o cancro infanfil.
Mañá e durante todo o mes de xaneiro podedes facer a vosa aportación a esta causa solidaria. Cada calendario terá unha doazón mínima de 10 euros.
Visita ao colexio
Hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO do Club da lingua e Club de Regueifa foi impartir un obradoiro de regueifa para 5º e 6º de primaria.
Fixeron un certame de Regueifa para todo o alumnado do centro e profesorado. Que ben o pasaron!!
Este luns 22 de decembro Regueifa Tour ás 18.30 no Auditorio.
Viva a regueifa!!
Os músicos. Botero
des e formas redondeadas. Inspirándose nesta maneira tan especial de representar ás persoas, os alumnos e alumnas recrearon unha escena musical chea de cor, expresividade e creatividade. A obra mostra un grupo de músicos tocando distintos instrumentos, transmitindo alegría, ritmo e harmonía.
Árbore da ciencia
Velaquí unha árbore con moita ciencia.
Os autores? O alumnado do IES Marco do Camballón.
As cores destas bólas tan chulas son froito das disolucións preparadas polos nosos rapaces e rapazas. Os estudantes de Bach empregaron para as súas disolucións permanganato de potasio e sulfato de cobre.
O resultado son as bólas moradas e azuis. Mentres tanto, o alumnado da ESO traballou con auga, sal e colorantes, realizando procedementos propios dun laboratorio a partir de materiais que podemos atopar nas nosas cociñas. Ademais, os máis artistas realizaron as pancartas que podedes ver na foto.
Con elas felicítanvos o Nadal en distintos idiomas e, por suposto, dun xeito moi químico. Recoñecestes os símbolos dos elementos? Se non é así, convidámosvos a darlles un repaso, pois todo o que vos rodea está feito de elementos! Por certo, se este ano se retrasa Papa Noel xa sabedes por que é: anda a facer experimentos...polo ben de todos esperemos que non lle caia o contido do matraz aforado (grazas Alejandro e Daniel por adicar o voso tempo libre a facer os debuxos que acompañan as felicitacións).
Unha tarde de domingo na Grande Jatte. Somos Artístas
O parque de A Grande Jatte, é unha Illa que se atopa no río Sena. Foi un dos lugares de diversión preferidos dunha gran parte da sociedade parisiense.
A técnica utilizada por este pintor postimpresionista denomínase puntillismo, por utilizar pequenos puntos de cor pura que se fusionan ao ser observados a cierta distancia.
A última cea. Somos Artísticas
O alumnado de 2º de ESO, inspirouse na obra A última Cea de Leonardo da Vinci para decorar a súa aula.A composición mostra a Xesús e os seus discípulos reunidos para a última cena, según narra Xoaán no Novo Testamento.
A obra, qué das máis coñecidas do artista, é un mural realizado coas técnicas do temple e o óleo, situado no refectorio do convento dominico de Santa María delle Grazie en Milán. Foi declarada Patrimonio de Humanidade en 1980.
miércoles, 17 de diciembre de 2025
Árbore da ciencia
martes, 16 de diciembre de 2025
Os tres músicos de Velázquez. Somos artistas
Voluntariado da radio
Cada venres, durante o recreo, un grupo de alumnos e alumnas voluntarios reúnese na radio do centro para preparar e gravar o seu programa. Este é o grupo do venres que fan un programa de temática deportiva. Este espazo convértese nun punto de encontro no que comparten a súa afección polo deporte, comentan novas de actualidade, analizan partidos, entrevistan compañeiros e propoñen seccións propias.
A través da radio, o alumnado desenvolve habilidades de comunicación oral, aprende a traballar en equipo e a organizar contidos, ao tempo que reforza valores como o respecto, a cooperación e o espírito deportivo. O programa do venres é xa unha cita habitual que anima os recreos e dá voz ao alumnado, facendo da radio un recurso educativo vivo e participativo.
lunes, 15 de diciembre de 2025
Recomendación de Nadal
facendo que a radio se convertese nun espazo de encontro e descuberta literaria para toda a comunidade educativa.
viernes, 12 de diciembre de 2025
Somos artístas: A persistencia da memoria. Salvador Dalí
Así, a aula converteuse nun lugar onde os reloxos se derriten, as ideas flúen e cada estudante deixa a súa pegada artística.
Obradoiro de cociña
Estaban todo boísimo!
jueves, 11 de diciembre de 2025
Obradoiro de Costura
Recordade que seguimos desenvolvendo os obradoiros de costura e ganchillo os venres de 11:30 a 12:00.
Esta actividade está incluída dentro dos recreos culturais da biblioteca.
Estades a tempo de apuntarvos a estas dúas actividades!
miércoles, 10 de diciembre de 2025
A árbore da ciencia
martes, 9 de diciembre de 2025
Día Internacional das persoas con Discapacidade
O ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia conmemorou o 3 de decembro; día
internacional das pesoas con discapacidade, coa visualización do video realizado polas alumnas de 2º curso.
No video mostraron tres entrevistas que realizaron a diferentes persoas con discapacidades física, congnitiva e auditiva, onde relataron as dificultades coas que se enfrenta no seu día a día.
jueves, 4 de diciembre de 2025
25N
1º- Unha performance, ca idea de que o público pudiera vivenciar o agobio que senten as mulleres que están sendo maltratadas e a cantidade delas que sufren desta lacra social. Contamos para dita performance coa colaboración das alumnas de 1º BAC e 1º Ciclo de axuda á dependencia máis o alumno de 1º BAC : Xairo Montoto Asorey.
2º- Presentación do vídeo: “Regueifando con Pracer: tecendo redes feministas de improvisación e coidados”. Unha breve descripción do vídeo :Entre versos improvisados e reflexións compartidas, un grupo de mozas aborda cuestións relacionadas coa sexualidade, construíndo un fío que conecta intimidade e vida comunitaria. Gravada entre Vila de Cruces, Silleda e Santiago de Compostela, esta peza documental recolle parte das accións do proxecto, impulsado por aopaso e SRA. Placerful. Unha proposta que celebra a regueifa e o pracer como ferramentas de transformaciónsocial.
3º- Mónica González Otero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social, que leva máis dunha década defendendo os dereitos laborais e loitando contra a discriminación que aínda pesa sobre as mulleres, relata desde o punto de vista do traballo o lugar claramente inferior que ocupou e ocupa a muller neste mundo laboral.
4º- Mesa redonda con preguntas realizadas polo alumnado de 1o BAC (Cintia, Helena e Martín) sobre todos os temas tratados anteriormente as tres relatoras convidadas a participar neste 25N: Raquel Doallo Álvarez, María Domínguez e Mónica González Otero.



















































