lunes, 2 de marzo de 2026

Recordando ás vítimas de Gaza

Dende o inicio da guerra en Gaza en outubro de 2023, perderon a vida máis de 70.000 gazatíes, dos cales 20.000 eran menores de idade.

Sensibilizados coa barbarie que supón a guerra, sumámonos á iniciativa do IES Pintor Colmeiro (Silleda) e colaboramos con este centro no recordatorio das nenas e nenos tristemente falecidos a consecuencia do xenocidio na franxa de Gaza.

Rendemos así homenaxe ás vítimas menores, cuxos nomes figurarán nun espazo público da capital silledense tratando de que a súa vida non quede no esquecemento e lembrando a importancia dun mundo en paz. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario