Hoxe o alumnado de 1º da ESO tivo unha visita moi especial! Veunos ver Carla, unha antiga alumna que actualmente estuda Pedagoxía. Xunto con varios compañeiros/as da súa clase desenvolveron un obradoiro de dixitalización sobre a brecha dixital na aula do primeiro curso.
Foi unha actividade práctica onde a rapazada puido aprender sobre a fenda dixital, as súas causas, consecuencias, tipos....e no que se estimulou a reflexión e o pensamento crítico sobre o tema. Mesmo durante a realización dos traballos grupais, a rapazada puido comprobar as vantaxes e desvantaxes de ter ou non acceso á rede e medios dixitais.O profesorado e o alumnado só podemos dar as grazas por esta clase tan especial e desexarlle moita sorte a estes futuros pedagogos/as!
No hay comentarios:
Publicar un comentario