Mostrando entradas con la etiqueta Toscana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Toscana. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2026

Viaxe de fin de etapa: o alumnado de 2º BAC descobre Pisa

 


O alumnado de 2º de Bacharelato comeza unha viaxe moi especial: unha excursión que chega despois dun dos momentos máis importantes da súa etapa académica, a superación da PAU. Tras meses de esforzo, estudo e nervios, tocaba celebrar… e facelo xuntos.



O destino elixido foi Italia, concretamente a fermosa rexión da Toscana, un lugar cheo de historia, arte e paisaxes inesquecibles. E como non podía ser doutro xeito, o primeiro día levounos a unha das cidades máis emblemáticas: Pisa.

Alí puideron pasear pola impresionante Praza dos Milagres, onde se atopa a famosa Torre de Pisa, símbolo recoñecido en todo o mundo. 

Tamén tiveron ocasión de admirar a beleza da catedral e descubrir un pouco máis sobre a historia desta cidade italiana, combinando así lecer e aprendizaxe nun mesmo día.









lunes, 24 de junio de 2024

Viaxe á Toscana

 

 

 O alumnado de 2º Bacharelato rematan o seu paso polo Camballón cunha viaxe a Toscana. Visitaron Montecatini, Bolonia, Pisa, Luca e Florencia.