lunes, 22 de octubre de 2018
Taller fotografía
O venres 19 de outubro o alumnado de 1º de ESO e 1º de FPBásica participou un taller de fotografía. A actividade tivo unha primeira parte teórica impartida por Tania Rios, exalumna do centro e un apartado práctico a cargo de José Ramón Moire, pai dunha alumna.
Tania mostrou unha relación de fotógrafos que usan o retrato como base das súas obras. José Ramón relatou a súa experiencia como fotógrafo aficionado, mostrou o seu equipo fotográfico e falou da importancia de aspectos como a luz ou o fondo.
A partir desta actividade iniciarase o traballo transversal sobre educación emocional nas distintas materias.
lunes, 1 de octubre de 2018
Hora de ler
Comezamos a hora de ler cun montón de novidades que están expostas no corredor da Biblioteca. Animádevos a ler o último que chegou!!
Día do maior
Coa finalidade de realizar unha xornada de sensibilización de cara
os nosos maiores o alumnado de 1º de TAPSD realizou un mural para chamar
a atención sobre as principais necesidades dos nosos maiores.
jueves, 27 de septiembre de 2018
Benvida ao instituto
O mércores 26, o alumnado de 1º ESO elaboraron uns aperitivos como actividade de acollida para os seus proxenitores. Contaron coa colaboración do alumnado de 1º TAPSD e o seu profesor Diego que previamente prepararon os ingredientes.
Este foi o resultado....
Este foi o resultado....
viernes, 21 de septiembre de 2018
Emociónate con nós
Comezamos este novo curso cheos de ilusión cun Proxecto que pon en marcha a Biblioteca e que vai ser o eixe vertebrador de todas as actividades do noso centro. Tentaremos traballar a intelixencia emocional a través de tres liñas de actuación repartidas nos tres trimestres:
- No primeiro traballaremos coa fotografía.
- No segundo o fío conductor será o cine e o teatro.
- No terceiro a música.
- No primeiro traballaremos coa fotografía.
- No segundo o fío conductor será o cine e o teatro.
- No terceiro a música.
Esperamos que sexa unha viaxe emocionante para todos e todas.
viernes, 29 de junio de 2018
Un paseo por Andalucía
Nada mellor que rematar o curso cunha viaxe por Córdoba, Granada, Sevilla que fixo o alumnado de 2º de Bacharelato acompañado pola súa titora Pilar e por Ruth.
O percorrido partíu da Alhambra e despois percorreron os Patios Cordobeses. Non podía faltar unha visita a Mezquita de Córdoba e o Albaicín.
En Sevilla percorreron o parque de María Luisa, o Barrio de Santa Cruz, a Torre de Oro , a Catedral, a Xiralda e remataron no parque de atraccións de Illa Máxica.
Unha viaxe expectacular!!
O percorrido partíu da Alhambra e despois percorreron os Patios Cordobeses. Non podía faltar unha visita a Mezquita de Córdoba e o Albaicín.
En Sevilla percorreron o parque de María Luisa, o Barrio de Santa Cruz, a Torre de Oro , a Catedral, a Xiralda e remataron no parque de atraccións de Illa Máxica.
Unha viaxe expectacular!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

