lunes, 12 de enero de 2026

Sen consentimento, é delito? Imaxes e violencia dixital

 

Participamos na actividade “Sen consentimento, é delito? Imaxes e violencia dixital”, impartida por unha docente da UDC especializada en dereito penal. A profesora dialoga co alumnado de formación profesional sobre a captación, manipulación e difusión de imaxes íntimas sen consentimento, o que na maior parte dos casos constitúe un delito.




Na sesión, abórdase termos como deepfake, cyberflashing, sextorsión, upskirting...promovendo a concienciación do alumnado sobre a gravidade da violencia sexual baseada en imaxes e a súa prevención.


viernes, 9 de enero de 2026

Teatro foro


Hoxe iniciamos, da man de Arelar Xestión Socieducativa, o proxecto de teatro foro, no que imos traballar ao longo do curso nos grupos de 3º da ESO e PDC. Nunha primeira toma de contact
o, aprendemos en que consiste esta técnica e escollemos o tema sobre o que nos gustaría tratar, logo de barallar distintas
posibilidades que afectan á poboación adolescente. E o tema escollido foi.....o consumismo!

Tras organizarnos e crear situacións relacionadas co tema elixido, fixemos algunha pequena representación. Proximamente seguiremos traballando e determinando as responsabilidades de cada membro do grupo para crear un recurso educativo que poida ser representado a outras aulas do centro.

Con esta intervención desenvolveremos as habilidades comunicativas, o traballo colaborativo e pensamento crítico, e quen sabe se incluso florecen talentos ocultos ou mesmo algunha vocación!








Intelixencia artificial: érase unha vez un mundo de datos.


Hoxe acompañou ao alumnado de 4º de ESO Javier López Bértolo, investigador da Universidade de Vigo, que nos falou sobre a Intelixencia Artificial: que é, cales son as súas vantaxes e inconvenientes e os tres tipos principais de aprendizaxe en IA (aprendizaxe por reforzo, supervisada e non supervisada).

Durante a charla fixo referencia a asistentes virtuais como Gemini ou Siri e explicou en que consiste o machine learning, co que o alumnado puido realizar unha práctica.


A sesión rematou cun Kahoot, que serviu para repasar os contidos traballados dun xeito lúdico.

Grazas, Javier, foi unha charla moi interesante e produtiva.

jueves, 8 de enero de 2026

Calendario solidario


 Comezamos un novo ano, pero facémolo retomando unha actividade solidaria que xa iniciamos no 2025. Volvemos co calendario solidario, no que participa todo o alumnado do centro, para colaborar coa Fundación Martín Álvarez Muelas. Animámosvos a participar nesta iniciativa: colaborade e recollede o voso calendario na biblioteca. Pequenos xestos poden marcar unha gran diferenza.

viernes, 19 de diciembre de 2025

Visita a Cobideza, dona Cobiña

 

O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Empresa e deseño de modelos negocio, visitou a queixería Doña Cobiña que pertenece á cooperativa Cobideza.




María Manteiga, antigua alumna do centro, mostroulles o proceso de fabricación dos productos e o funcionamiento da empresa.

Recomendacións lectoras, Nadal 2025

 Hoxe é o último día para levar en préstamo os libros das novas adquisicións da biblioteca, así que non perdas a oportunidade. Hai historias para todos os gustos: aventuras, misterio, fantasía, emocións… só tes que escoller a túa!




A lectura é moi importante: axúdanos a imaxinar, a aprender, a relaxarnos e a coñecernos mellor. E agora que chega o Nadal, teremos máis tempo libre para ler con calma, ademais de gozar da familia, das amizades e das celebracións.

Un libro pode ser un gran compañeiro nestas vacacións. Achégate hoxe á biblioteca e leva o teu!

O equipo da biblioteca deséxavos un Feliz Nadal!!