Presentación realizada por Loli Cid desde o seu blogue Romasanta.
martes, 30 de abril de 2013
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO (IV)
Presentación realizada por Loli Cid desde o seu blogue Romasanta.
Presentación realizada por Loli Cid desde o seu blogue Romasanta.
DONDE LOS ÁRBOLES CANTAN

lunes, 29 de abril de 2013
LA CASA DEL TORREÓN

Por se iso fose pouco, moitas veces busquei a casa do torreón desde a rúa, pero nunca a achei. Era coma se só puidese ser contemplada desde o alto, desde a azotea onde eu tendía a roupa cando facía sol.
viernes, 26 de abril de 2013
CONCERTO DIDÁCTICO
O alumnado de 4º de ESO
asistirá hoxe a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia, no Burgo das Nacións. Despois iran coñecer as instalación de Popular TV

miércoles, 24 de abril de 2013
LOS MORADORES DE LA NOCHE
Ignacio Charrán é un novo xornalista que recibe un importante encargo: visitar no Congo á doutora Wickedwhole, unha recoñecida zoóloga. Pero a muller móstrase pouco colaboradora co seu entrevistador e prohíbelle o acceso a parte da súa casa-laboratorio. O máis estraño ocorre polas noites, cando á xanela de Ignacio asómase un estraño ser ao que apenas entrevé na escuridade. Disposto a pescudar o que ocorre, a última noite da súa estancia na casa decide perseguir a esa cousa e entra no laboratorio prohibido. A partir de aí, non lembra nada e repite dúas palabras unha e outra vez: O horror! O horror!
martes, 23 de abril de 2013
SEMANA DO LIBRO
Hoxe inaguramos unha exposición de libros moi especiais
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Conmemoracións,
Libros
SEMANA DO LIBRO
Para conmemorar a semana do libro imos proxectar de martes a venres na entrada do centro unha presentación sobre a historia do libro elaborada polas alumnas de Latín I. Agradecémoslle a Belén Quinteiro o seu estupendo traballo técnico.
http://prezi.com/l-klkl007ict/untitled-prezi/?kw=view-l-klkl007ict&rc=ref-30180897
http://prezi.com/l-klkl007ict/untitled-prezi/?kw=view-l-klkl007ict&rc=ref-30180897
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO (III)
Outra vez desde o CPI dos Dices chega este documental sobre a obra do autor homenaxeado:
Outra vez desde o CPI dos Dices chega este documental sobre a obra do autor homenaxeado:
lunes, 22 de abril de 2013
FEDERICO PÉREZ NO CAMBALLÓN

Federico Pérez, coñecido polos seus papeis en series de televisión como Era Visto ou Air Galicia e Tourilandia, e obras de teatro como O florido pensil, visitará o próximo luns o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. A actividade forma parte da programación do Clube da Lingua, Equipo de Normalización da Lingua, e o actor falará sobre a relación entre língua, humor e a sua propia experiencia profesional. O actor, que participou en campañas sociais a favor da nosa lingua, compartirá as súas ideas e o seu humor co alunado do instituto crucense do mesmo xeito que fixo a semana pasada o debuxante de banda deseñada Manel Cráneo que visitou o centro para falar da súa obra e da relación entre a nosa língua e o mundo do cómic, no que Galicia é unha potencia internacional.
LA FÁBRICA DE BETÚN

viernes, 19 de abril de 2013
RISCOS DE INTERNET
O alumnado de 2º ESO vai asistir a unha charla sobre os riscos de Internet que terá lugar na aula Manuel Dobarro.
OLIVER TWIST
Con Oliver Twist dá inicio Charles Dickens á literatura dedicada especialmente aos adolescentes. Posuíndo un marcado compoñente autobiográfico, esta novela relata as aventuras dun neno que debe desenvolverse nun mundo inhóspito, onde tanto a bondade como a maldade son pan de cada día; pero demostra tamén que se teñen principios éticos sólidos, é posible reverter o infortunio e alcanzar mellores condicións de vida. Unha fermosa e sensible historia, cuxos personaxes reflicten a problemática social presente en todas as épocas.
jueves, 18 de abril de 2013
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO (II)
Desde o CPI dos Dices chéganos este excelente telexornal dedicado á figura de Vidal Bolaño:
Desde o CPI dos Dices chéganos este excelente telexornal dedicado á figura de Vidal Bolaño:
O MISTERIO DR, SAA

miércoles, 17 de abril de 2013
MANEL CRÁNEO ESTIVO CON NÓS!
A xente do Clube da Lectura e do Clube da Lingua tivemos a sorte de poder escoitar as explicacións do deseñador de banda deseñada Manel Cráneo, autor de cómics como Os lobos de Moeche ou Cousas de mortos, e editor de Demo Editorial, sobre as súas experiencias creativas.
Ao final da charla fixo para nós un deseño, en defensa da língua, que podedes ver no vídeo que subimos a youtube.
Bravo por Manel Cráneo, emocionante!
DROGAS E ALCOL
O alumnado de 3º e 4º da ESO e o PCPI vai asistir a unha charla sobre drogas e alcol que terá lugar na aula Manuel Dobarro
O TEU PUNTO DE VISTA PODE CAMBIAR O MUNDO
O
alumnado de Relixión de 1º de Bacharelato do IES Marco do Camballón
participaron nunha actividade educativa co
lema " O teu punto de vista pode cambiar o mundo" que organiza ManosUnidas.
A entrega de premios tivo lugar
onte no Auditorio de Galicia e os premios que acadaron os nosos alumnos e
alumnas foron:
Tercer Clipmetraxe
finalista do xurado de Galicia por: Necesitan tu ayuda
Tercer Clipmetraxe máis votado de Galicia por:
Saying no to poverty
Mención especial para a Triloxía de Galicia para o IES
Marco do Camballón
Premio do Público ao Clipmetraxe máis comentado de
Galicia: ¿Por qué no podemos vivir todos en un mundo intermedio?.
Premio do Xurado
ao mellor clipmetraxe de Galicia por: Saying no to poverty.
Ao ser finalistas
a nivel autonómico participaremos na final nacional que terá lugar en Madrid o
próximo 11 de maio.
Parabéns.
HISTORIA DE LA FILOSOFÍA: SIN TEMOR NI TEMBLOR

Etiquetas:
Castelá,
Filosofía,
Libros,
recomendacións
HISTORIA DE UNA ESCALERA
A obra conta a convivencia diaria de catro familias que viven nunha "modesta casa de veciñanza" entre pobreza e humillacións, enfrontamentos, ás veces violentos, murmuraciones? durante trinta anos.
martes, 16 de abril de 2013
LA FILOSOFÍA DEL DÍA A DÍA

Etiquetas:
Castelá,
Filosofía,
Libros,
recomendacións
lunes, 15 de abril de 2013
LA FUERZA DE EXISTIR

Etiquetas:
Castelá,
Filosofía,
Libros,
recomendacións
domingo, 14 de abril de 2013
LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO (I)
Este ano dedícanselle as Letras Galegas ao autor de teatro galego máis importante de todos os tempos. Comezamos hoxe unha serie de entregas de documentación sobre a súa figura para que poidades valorar a súa importancia na consolidación e modernización do noso teatro.
Nesta primeira achega ofrecémosvos unha presentación elaborada na biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa.
Este ano dedícanselle as Letras Galegas ao autor de teatro galego máis importante de todos os tempos. Comezamos hoxe unha serie de entregas de documentación sobre a súa figura para que poidades valorar a súa importancia na consolidación e modernización do noso teatro.
Nesta primeira achega ofrecémosvos unha presentación elaborada na biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa.
viernes, 12 de abril de 2013
FESTIVAL DE CINE
O alumnado de 1º e 2º da ESO van asistira ao festival de Cine ANIRMAU en Lalín organizado polo IES Ramón Mª Aller Ulloa.
A proxección educativa que se emite é GARTXOT. Ambientada no século XII en Navarra e no Camiño de Santiago. O novo abade de Roncesvales desterra a Gartxot para quedar coa voz prodixiosa do seu fillo Mikelot e convertelo nun monxe cantor.
Mikelot consegue escapar do convento e canta de novo xunto ao seu pai. Os seus cantos convértense nun símbolo contra a opresión. A Igrexa non está disposta a aceptar esta afronta e envía os seus guerreiros á caza do bardo.
LOS PODCASTS DE PLATÓN
A aplicación da filosofía dos antigos á nosa vida cotiá no presente século, é unha proba de como a SABEDORÍA, labrada en pedra, ou gravada en MP3, sempre é imperecedera. "Os podcasts de Platón" recolle en vinte apaixonantes capítulos as extraordinarias vidas doutros tantos filósofos da antigüidade clásica e preséntanos aspectos insólitos e pouco coñecidos das personalidades de Platón, Sócrates, Aristóteles, Hiparquia de Maronea, Hypatia de Alexandría, etc., das que extrae unha serie de consellos de gran utilidade para transitar polo mundo actual.
Etiquetas:
Castelá,
Filosofía,
Libros,
recomendacións
jueves, 11 de abril de 2013
LA ERA DEL SIERVOSEÑOR
Considerouse a historia da filosofía despois de Platón como un conxunto de notas ao pé de páxina dos seus diálogos, pero hai verdadeiro pensamento despois do sabio de anchas espal- dás? Como xurdiu? Un percorrido polos grandes temas da filosofía da man dos seus protagonistas, de Diógenes a Michel Onfray, pasando por Aristóteles, Santo Tomas, Wittgenstein, Nietzsche, Foucault ou Althusser entre os grandes nomes da filosofía. Filosofía a marteladas? Un exercicio de deconstrucción da historia da filosofía que pode contribuír a aumentar a capacidade de pensar con liberdade, arremetendo contra o envaramiento ou os abelorios que habitualmente encorsetan o xénero.
Etiquetas:
Castelá,
Filosofía,
Libros,
recomendacións
miércoles, 10 de abril de 2013
ALMAS GRISES
Decembro de 1917. Nun pequeno pobo do norte de Francia, o corpo sen vida dunha fermosa nena aparece flotando na canle. Á escena do crime acoden, acompañados polo incesante tronar dos canóns e o acre cheiro a pólvora dunha fronte que se desgarra a escasos quilómetros, un policía, un xuíz instrutor e un militar. Neste mundo provinciano, o asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que se cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o xuíz designará como culpables a dous desertores apresados nas proximidades do lugar do crime. Con todo, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada. No seu implacable relato, onde a emoción aparece retida polo pudor do narrador, ninguén é inocente, e os culpables, dunha forma ou outra, son tamén vítimas. O gris é o ton dominante, pero non o gris da morte, nin o do duro clima invernal, nin sequera o da covardía, senón o gris en que se desenvolve a condición humana: a ausencia de certezas absolutas, as sombras, os claroscuros, en suma, o peso rotundo da dúbida.
martes, 9 de abril de 2013
LA CASA DE RIVERTON

Inverno de 1999. Grace Bradley, unha anciá de noventa e oito anos que outrora fose doncela na mansión de Riverton, recibe a visita dunha moza directora de cinema que está a rodar unha película sobre aquel suicido. Esa visita convoca os recordos que durante décadas Grace relegara todo o máis profundo da súa mente, incapaz de enfrontarse a eles.
lunes, 8 de abril de 2013
LAS HORAS DISTANTES
Comezou cunha carta. Unha carta que levaba extraviada moito tempo, esperando durante máis de medio século nunha saca de correos esquecida no escuro faiado dunha anodina casa de Londres.
Edie Burchill e a súa nai nunca estiveron o que se di unidas. Pero un domingo pola tarde chega á súa casa unha carta, perdida hai tempo, co remite de Milderhurst Castle, en Kent (Inglaterra), e Edie empeza a pensar que a frialdade da súa nai oculta un antigo segredo.
Durante a Segunda Guerra Mundial, a nai de Edie foi evacuada de Londres e acollida pola misteriosa Juniper Blythe en Milderhurst Castle, onde vivía coas súas irmás xemelgas e o seu pai, Raymond, autor do clásico infantilLa verdadeira historia do Home de Barro. O espléndido e enorme castelo móstralle un novo mundo no que descobre a fantasía e o pracer dos libros, pero tamén os seus perigos.
Cincuenta anos máis tarde, cando Edie busca as respostas ao enigma da súa nai, sente atraída por Milderhurst Castle, onde, xa anciás, as excéntricas xemelgas e Juniper viven aínda.
No xa ruinoso castelo, Edie investiga o pasado da súa nai. Pero hai outros segredos escondidos entre os seus muros, e Edie está a piques de pescudar máis do que esperaba. O que realmente sucedeu nas horas distantes ha estado agardando moito tempo a que alguén o desvelase.
Cun estilo cativador e unha elegante maneira de narrar que nos remitea Dickens, as irmás Brönte e Jane Austen, Kate Morton dá unha volta de porca á novela clásica victoriana para mergullarnos nunha trama absorbente e compor un quebracabezas tan fermoso como brillante.
Edie Burchill e a súa nai nunca estiveron o que se di unidas. Pero un domingo pola tarde chega á súa casa unha carta, perdida hai tempo, co remite de Milderhurst Castle, en Kent (Inglaterra), e Edie empeza a pensar que a frialdade da súa nai oculta un antigo segredo.
Durante a Segunda Guerra Mundial, a nai de Edie foi evacuada de Londres e acollida pola misteriosa Juniper Blythe en Milderhurst Castle, onde vivía coas súas irmás xemelgas e o seu pai, Raymond, autor do clásico infantilLa verdadeira historia do Home de Barro. O espléndido e enorme castelo móstralle un novo mundo no que descobre a fantasía e o pracer dos libros, pero tamén os seus perigos.
Cincuenta anos máis tarde, cando Edie busca as respostas ao enigma da súa nai, sente atraída por Milderhurst Castle, onde, xa anciás, as excéntricas xemelgas e Juniper viven aínda.
No xa ruinoso castelo, Edie investiga o pasado da súa nai. Pero hai outros segredos escondidos entre os seus muros, e Edie está a piques de pescudar máis do que esperaba. O que realmente sucedeu nas horas distantes ha estado agardando moito tempo a que alguén o desvelase.
Cun estilo cativador e unha elegante maneira de narrar que nos remitea Dickens, as irmás Brönte e Jane Austen, Kate Morton dá unha volta de porca á novela clásica victoriana para mergullarnos nunha trama absorbente e compor un quebracabezas tan fermoso como brillante.
viernes, 5 de abril de 2013
LA HIJA DEL ESTE

jueves, 4 de abril de 2013
CRIADAS Y SEÑORASS

Aibileen é unha criada negra. Unha muller sabia e impoñente que criou a dezasete nenos brancos. Tras perder ao seu propio fillo, que morreu mentres os seus capataces brancos miraban cara a outro lado, sente que algo cambiou no seu interior. Envórcase na educación da pequena nena que ten ao seu cargo, aínda que é consciente de que terminarán separándose co tempo.
Minny, a mellor amiga de Aibileen, é baixiña, gordita e probablemente a muller coa lingua máis longa de todo Mississippi. Cociña como ninguén, pero non pode controlar as súas palabras, así que perde outro emprego. Por fin parece atopar o seu sitio traballando para unha recentemente chegada á cidade que aínda non coñece a súa fama. A pesar do distintas que son entre si, este tres mulleres acabarán xuntándose para levar a cabo un proxecto clandestino que suporá un risco para todas. E por que? Porque se afogan dentro dos límites que lles impón a súa cidade e o seu tempo. E, ás veces, as barreiras están para saltarllas.
CLASES SEN FUME
A competición baséase
- no compromiso colectivo de toda a clase e o seu educador/a de manterse sen fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
- na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles
- e no desenvolvemento dunhas actividades na aula
miércoles, 3 de abril de 2013
MI PLANTA DE NARANJA Y LIMA
De maior Zezé quere ser poeta e levar gravata de lazo, pero de momento é un neno brasileiro de cinco anos que se abre á vida. Na súa casa é un traste que vai de travesura en travesura e non recibe máis que reprimendas e tundas; no colexio é un anxo co corazón de ouro e unha imaxinación desbordante que ten encandeado á súa mestra. Pero para un neno como el, intelixente e sensible, crecer nunha familia pobre non sempre é fácil; cando está triste, Zezé refúxiase no seu amigo Minguinho, un arbolito de laranxa lima, con quen comparte todos os seus segredos, e no Portugués, dono do coche máis bonito do barrio.
martes, 2 de abril de 2013
A XANELA ESCURA

A xanela escura. un ensaio que percorre tres
tópicos fundamentais do cinema de terror: os vampiros, o sangue e os
zombis. Desde unha perspectiva moi amena, Jorge Emilio Bóveda
permítennos comprender as bases dos tópicos fílmicos dos que tanto
gustamos.
Ten nas súas mans o primeiro libro galego sobre cinema de terror.
Pero non tema. Non está escrito por un friki que non ve alén dos seus
solitarios praceres, nin por ese crítico que só gusta das películas que
tratan da problemática social de Uzbekistán. Non. Está escrito por
alguén como vostede, alguén que conxuga o san e incondicional amor polo xénero do fanático,
co coñecemento enciclopédico e co rigor do estudoso. Só así se puido
acadar esta obra que vostede sostén nestes intres: o mergullamento nos
alicerces arquetípicos do terror, un percorrido que mostra como os
símbolos fundamentais do xénero mutan e sobreviven a través das décadas,
quizais como as propias criaturas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)