Para rematar o trimestre parte do alumnado de Camballón participou unha cata saudable que elaboraron eles mesmos e que despois pudo degustar todos os membros do centro.
O alumnado que participa no TEI estiveron facendo varias actividades. Os de 2º e 4º ESO participaron nun vídeo-forum e os de 1º e 3º estiveron participando nunha xincana de xogos. Aquí podemos ver parte do que se fixo.
viernes, 22 de diciembre de 2017
lunes, 11 de diciembre de 2017
Recomendación Nadal
Xa falta pouco para que cheguen a vacacións de Nadal, a biblioteca quere facer unhas recomendacións para todos os interesadas e interesados. Boas lecturas!
jueves, 30 de noviembre de 2017
Regueifesta
Onte tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal a presentación do proxecto Regueifesta. O alumnado que participou estivo nun taller de regueifa na CSC da Trisca e regueifaron na Praza o Obradoiro. Ademais visitaron o Museo do Pobo Galego.
lunes, 27 de noviembre de 2017
27N
No día de hoxe celebramos no centro o día contra a violencia de xénero.
2017-11-27 27N
No acto o alumnado do ciclo leu un manifesto. Un grupo de alumnas e alumnas tocaron Imagine de Lenon.
As delegadas e delegados xuntos cas subdelegadas e subdelegados de cada clase foron os encargados de soltar un globo en representación de cada clase.
Durante o recreo tamén inaguramos a aula de alumnado na que se estivo traballado neste trimestre para crear un espazo adicado ao xogo e para realizar traballos en grupo.
2017-11-27 27N
No acto o alumnado do ciclo leu un manifesto. Un grupo de alumnas e alumnas tocaron Imagine de Lenon.
As delegadas e delegados xuntos cas subdelegadas e subdelegados de cada clase foron os encargados de soltar un globo en representación de cada clase.
Durante o recreo tamén inaguramos a aula de alumnado na que se estivo traballado neste trimestre para crear un espazo adicado ao xogo e para realizar traballos en grupo.
viernes, 24 de noviembre de 2017
Emparellamentos TEI
O alumnado e 1º e 3º ESO tivo unha sesión conxunta para coñecer cales ían ser os seu titores e titorando. Durante esta sesión repartíronse os carnets e fixeronse actividades para que o alumnado se puidera coñecer.
25N: Mulleres e homes pola igualdade
Luns terá lugar no noso centro, ás 11:15, a lectura dun manifesto co lema Mulleres e Homes pola igualdade, realizado polo alumnado de Ciclos ao que nos suscribimos todo o centro. Tamén se fará unha solta de globos e o alumnadodo instituto que toca na Banda Artística de Merza interpretará a canción Imagine de John Lennon, baixo a direción de Pablo Fernández Gúzman.
viernes, 17 de noviembre de 2017
Presentación TEI 1º ESO
Hoxe tivo lugar a presentación do TEI (Títoría entre igual), proxecto no que o centro leva traballando durante dous anos, para o alumnado de 1º de ESO. Durante esta sesión estiveron traballando coas súas titoras (Susana e María) e o orientador (Fernando) como se poden contribuír á convivencia no noso centro.
jueves, 16 de noviembre de 2017
Mes da Ciencia en Galego
O alumndo de 2º ESO de Física e Química, estivo traballando, durante este mes, coa súa profe Charo. Elaboraron unha lámpada de lava caseira e con ela estudamos a densidade das sustancias. Experimentaron con varias mezclas e traballamos a densidade: auga+ aceite; auga+ colorante
Para rematar a lámpada engadeuselle unha pastilla efervescente que o contacto coa auga produce CO2, este sube con auga que está coloreada e fai unha burbulla no aceite o que simula a lava. Ao chegar á superficie o gas sae e a auga volve ao fondo.
Para rematar a lámpada engadeuselle unha pastilla efervescente que o contacto coa auga produce CO2, este sube con auga que está coloreada e fai unha burbulla no aceite o que simula a lava. Ao chegar á superficie o gas sae e a auga volve ao fondo.
miércoles, 15 de noviembre de 2017
Lendas e patrimonio
Esta tarde visitaron o IES Marco do Camballón Antonio Presas e José Carlos García Porral para falar das lendas e do patrimonio da Comarca do Deza.
Antonio falounos das Mámoas e castros da Comarca, así como da boa situación xeográfica que ten o Concello de Vila de Cruces. José Carlos presentounos un enorme patrimonio inmaterial, composto ata o momento de 516 lendas recollidas mapa.
Antonio falounos das Mámoas e castros da Comarca, así como da boa situación xeográfica que ten o Concello de Vila de Cruces. José Carlos presentounos un enorme patrimonio inmaterial, composto ata o momento de 516 lendas recollidas mapa.
viernes, 10 de noviembre de 2017
Visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas
O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca municipal que leva o nome dun ilustre escritor e veciño do Concello de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas. Elsa e Mónica explicaron como funciona, que servizos ofrece e como se pode acceder a Galicia- Le. Fixemos unha pequena actividade sobre o escritor e despois puideron revisar os fondos dos que conta. Agradecer a Mónica e Elsa a acollida e as explicacións.
jueves, 9 de noviembre de 2017
Magosto cos nosos maiores
O alumnado de 1º TASPD foi o encargado, este ano, de dinamizar o magosto na Residencia de Maiores de Vila de Cruces.
Tanto os residentes como os participantes do taller de memoria do concello, compartiron unha tarde de xogos, música e por suposto castañas!!!.
Tanto os residentes como os participantes do taller de memoria do concello, compartiron unha tarde de xogos, música e por suposto castañas!!!.
miércoles, 8 de noviembre de 2017
Xadrez no Camballón
Comeza un novo torneo de Xadrez no Camballón, todo o alumnado que queira particiar pode apuntarse na biblio.
Apuntádevos!!
Apuntádevos!!
domingo, 5 de noviembre de 2017
Gañadores do magosto
Ovenres estiveron realizaron distintos xogos con motivo do magosto, o equipo que máis puntuación acadou foi Licores Casal 2 con 115 puntos. Parabéns!
viernes, 3 de noviembre de 2017
Magosto
Hoxe celebramos no Camballón unha edición máis do Toma Castaña. Comezaron o alumnado de 2º ESO facendo una demostración de Regueifa acompañados do profesor de RIOV, Séchu Sende.
A continuación Manuel Lugo deu paso a participación, por equipos, no concurso de xogos.
Rematamos esta sesión degustando as castañas que o Concello asou no patio do centro.
Iconos saudables
O alumnado de 1º ESO estiveron traballando con José Manuel de Plástica iconos sobre hábitos saudables, estes foron os resultados.
Etiquetas:
1º ESO,
Hábitos saudables,
Plástica,
Sensibilización
lunes, 30 de octubre de 2017
Almorzo saudable
Hoxe o alumnado de 4º ESO tivo o placer de asistir a unha sesión de cociña da man de Lucas Requejo na aula do Ciclo medio para coñecer e preparar un Almorzo e merendas saudables.
Partiron dunha autoreflexión sobre o que facemos, porqué o facemos e cal é a consecuencia na nosa saúde. Como e cando funciona o fígado e como influímos sobre o seu funcionamento. Importancia do almorzo e a merenda.
Coñeceron produtos e combinación de alimentos que descoñecían. A panela, o cacao puro sen azucre, distintos tipos de fariñas. A importancia de tomar cada día ao ergurese un pouco de auga morna con zume de limón. Como se poden facer almorzos e merendas con sabor doce sen empregar azucre. O consumo de produtos de tempada. Os frutos secos. Como non debemos pasar moitas horas sen inxerir alimentos.
En resume: a alimentación é a acción que nos achega á saúde.
Partiron dunha autoreflexión sobre o que facemos, porqué o facemos e cal é a consecuencia na nosa saúde. Como e cando funciona o fígado e como influímos sobre o seu funcionamento. Importancia do almorzo e a merenda.
Coñeceron produtos e combinación de alimentos que descoñecían. A panela, o cacao puro sen azucre, distintos tipos de fariñas. A importancia de tomar cada día ao ergurese un pouco de auga morna con zume de limón. Como se poden facer almorzos e merendas con sabor doce sen empregar azucre. O consumo de produtos de tempada. Os frutos secos. Como non debemos pasar moitas horas sen inxerir alimentos.
En resume: a alimentación é a acción que nos achega á saúde.
Etiquetas:
4º ESO,
Almorzo saudable,
Hábitos saudables,
Titoría
miércoles, 25 de octubre de 2017
Coñecemos aos maiores da Brea
Hoxe contamos coa presenza dos veciños da Asociación veciñal Minas da Brea, que nos falaron do seu proxecto "A miña historia". Permitironnos coñecer un pouco máis das nosas raíces. Contáronnos como foi a súa experiencia na viaxe que fixeron a Polonia e a Veselá. Moitas grazas por compartir esta experiencia.
martes, 24 de octubre de 2017
Tocando as estrelas. Violencia Zero
Hoxe contamos no centro con Abi Castillo, que veu a reinvidicar, coa obra artística que nos fixo nunha parede, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Neste proxecto participou o alumnado do IES e realizouse en colaboración coa Diputación de Pontevedra e Concello de Vila de Cruces.
No acto houbo un recordo para as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero.
No acto houbo un recordo para as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero.
Semana da Bibliteca
Esta semana celebramos o día da Biblioteca, e este curso inaguramos un novo espazo para traballar en equipo e como sala de xogos. Hoxe repartimos os carnés ao novo alumnado, profesorado e pais e comezaron a moverse as carpetas viaxeiras de 1º e 2º de ESo. Durante toda esta semana aos nosos lectores agasallarémolos cun marcapáxinas que ten unha receita saudable.
Insertar en Blog
Tamén queremos deixar unha mostra das suxestións de lectura que nos fixeron algúns colaboradores, empregando como elemento motivador a col que tan saudable é.
Insertar en Blog
Tamén queremos deixar unha mostra das suxestións de lectura que nos fixeron algúns colaboradores, empregando como elemento motivador a col que tan saudable é.
lunes, 16 de octubre de 2017
Convivencia con Sevenoaks School
Onte o noso alumnado pudo compartir unha xornada co alumnado de Sevenoaks School procedentes do Reino Unido. Xuntos percorremos a costa dende Muros ata Fisterra. Paramos nas fervenzas do Ézaro, no cabo Finisterre na praia da Langosteira e en Ponte Maceira visitamos A Ponte Vella. Unha excelente experiencia.
Etiquetas:
Convivencia,
Inglés,
Intercambio,
Sevenoaks
lunes, 9 de octubre de 2017
Tendal de hábitos saudables
Insertar en Blog
Comezamos o curso traballando os hábitos saudables dende as distintas titorías cos obxectivos de difundir os hábitos saudables entre a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado, persoal de servizos...)e expertar a conciencia da importancia de realizar certos costumes e mellorar a nosa saúde. Traballamos: alimentación, hixiene, relacións persoais, satisfacción persoal/ desenvolvemento emocional.
viernes, 6 de octubre de 2017
Técnicas de estudo
O alumnado de 1º de ESO está participando nun obradoiro de Técnicas de Estudo con Salomé. Este obradoiro realízase en colaboración co departamento de Orientación e contarán con 4 sesións que se prolongarán durante o mes de outubro e novembro.
viernes, 22 de septiembre de 2017
Día do Maior
O 21 de setembro celébrase o día do maior. Esta celebración
quere chamar a nosa atención sobre este colectivo por parte da sociedade. O ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, quixo poñer en
valor todo o que os nosos maiores nos aportan a través dos diferentes murais.
Alumnas de 1º e 2º Tapsd
viernes, 15 de septiembre de 2017
Por un ano saudable
Comezamos un novo curso traballando os hábitos saudable e que mellor maneira que dando a benvida a toda a comunidade educativa a que colabore a que, alomenos, "Aprendemos a pensar " de xeito saudable.

viernes, 16 de junio de 2017
Sendeirismo
Esta foi a ruta que fixeron os alumnos e alumnas de 3º ESO polo concello de Vila de Cruces.
Ruta Mosteiro de Carboeiro Toxa Carixamartes, 13 de junio de 2017
Premios fotografía
Hoxe entregamos os premios de fotografía do concurso Ven ver isto, mostra a túa contorna, que patrocinou o concello de Vila de Cruces. Ao acto asistiu o membros do xurado do premio e as gañadoras: Marta Castro (gañadora do 1º premio dotado con 75,50 euros), Uxía Amosa(2º premio dotado con 30 euros) e María Iglesias (3º premio dotado con 30 euros). Parabéns ás gañadoras!!
jueves, 8 de junio de 2017
Poetízate
O alumnado de 1º de ESO estiveron traballando en Lingua Castelá a poesía. Gravaron poemas de varios autores españois e en Iniciación e Tratamento da información ilustráronnos con imaxes. Este foi o resultado.
Etiquetas:
1º ESO,
Día da poesía,
ITI,
Lingua Castelá,
Poesía
miércoles, 7 de junio de 2017
Proxecto arteferro
Por segundo ano consecutivo a alumnado do ciclo medio de Soldadura e Caldereiría crearon este caderno de actividades poñendo en práctica todos os contidos dos diferentes módulos formativos que compoñen dito ciclo. Realizaron traballos de soldadura nas distintas posicións ( plano,vertical, cornisa e teito) e cos distintos métodos de soldeo (soldadura oxigas, soldadura por electrodo, soldadura MIG – MAG, soldadura TIG). Realizaron traballos de deseño de planos de diferentes pezas tanto a man, empregando os coñecementos do debuxo técnico, coma no ordenador, usando o programa Autocad.
martes, 6 de junio de 2017
Xornada de portas abertas de Física e Química
O alumnado de 4º de ESO e a súa profesora María del Carmen fíxeron hoxe unha xornada de portas abertas ao alumnado de 1º ESO.
A xornada consistíu en que o alumnado facía distintos experimentos e explicábanlle ao alumnado de 1º porque sucedían esas reaccións. Para rematar agasallaron a cada participante cunha cracha que eles mesmos fixeron.
A xornada consistíu en que o alumnado facía distintos experimentos e explicábanlle ao alumnado de 1º porque sucedían esas reaccións. Para rematar agasallaron a cada participante cunha cracha que eles mesmos fixeron.
Receitario de TAPSD
Un ano máis o alumnado de TAPSD fan o seu propio receitario tendo en conta as premisas que lle dan nas clases.Esta é unha pequena mostra:
lunes, 5 de junio de 2017
Recomendacións verán
Estas son as nosas recomendacións para o verán. Que teñades boas lecturas!!
Leer más publicaciones en Calaméo
Camballón entre liñas.
Acabamos de estrear unha nova canle do centro, que se suma a Tales no
Camballón. Desta volta trátase dun espazo dedicado á lectura que promoveu o
Departamento de Lingua galega. Pretende ir incorporando comentarios, opinións
ou suxestións do alumnado sobre as súas lecturas dun xeito diferente ao
tradicional e tendo o vídeo como soporte. Chámase Camballón entre
liñas e iniciouse cunha serie de book-trailers elaborados polo
alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Xa podedes deixar alí os vosos comentarios
e, por suposto, coller ideas para as lecturas de verán!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)