Mostrando entradas con la etiqueta 1º Fpbásica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º Fpbásica. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2025

Obradoiro sobre resolución de conflictos

Continuamos a aprender sobre resolución de conflitos, desta volta co alumnado de 1º FP Básica e 4º ESO, que puxeron en práctica mediante xogo de roles a súa abordaxe, coidando a expresión asertiva. Así mesmo, o alumnado puido reflexionar sobre o papel das etiquetas sociais, o compoñente emocional no

conflito e a importancia da súa resolución de forma pacífica, para o que resulta clave desenvolver destrezas e habilidades tales como a empatía, escoita activa...

Aquí  podedes ver algúns momentos dos obradoiros, que foron desenvolvidos por Arelar Xestión Socioeducativa ao longo de varias sesións.

Drogas e alcol en menores

Esta semana recibimos de novo a visita da Garda Civil, para informar sobre o consumo de drogas e alcol, pero desta volta aos menores. 

A axente encargada falou co alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º FPB, nunha sesión de prevención na que ademais de informar sobre os tipos de drogas e os seus efectos, incidiuse na importancia da toma de decisións reflexiva e o ocio responsable. 


lunes, 10 de marzo de 2025

De quen estamos a falar?

Esta semana nas titorías o de ESO e FpBásica participou nun concurso para ver que grupo coñecía mellor as mulleres que estaba expostas nos corredores do centro. A información estaba colgada nos paneis informativos así como no blog da biblioteca. Debían contestar a 20 preguntas con rigurosidade e o gañador será o grupo cumpla esta norma e o faga en maior brevidade posible. 






 

martes, 4 de febrero de 2025

Menores e condutas infractoras


Os educadores da Asociación Arela visitan o noso instituto para desenvolver o programa Ktorce18 sobre prevención de condutas infractoras en menores co alumnado de 3º ESO, 1º FPB e 2º FPB. 

O programa achega a lei do menor aos adolescentes, tratando de previr a comisión de delitos e facendo consciente á rapazada das consecuencias dos seus actos. 

A actividade céntrase naquelas condutas infractoras máis comúns na etapa adolescente, facendo especial fincapé no acoso escolar, redes sociais, delitos contra a saúde pública, maltrato familiar....explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores neste tipo de condutas. 

lunes, 20 de enero de 2025

Obradoiro de Sexualidade



Como cada curso, visítannos dende Quérote Máis para desenvolver obradoiros de sexualidade co alumnado de 3º da ESO e 1º de FPB. 


O alumnado puido coñecer de primeira man a labor dos centros Quérote Máis, á vez que recibiu información fiable sobre educación afectivo-sexual, tan necesaria nestas idades, para favorecer a toma de decisións responsables nas relacións afectivas. 

lunes, 11 de noviembre de 2024

"Si controlas vuelves"


O alumnado de 1º e 2º de FP Básica e 3º e 4º da ESO asistiu hoxe a unha charla impartida por AESLEME, na que se falou de seguridade vial e a incompatibilidade do alcohol e outras drogas coa mobilidade segura, fomentando nos menores a responsabilidade e unha toma de decisións adecuada, que garantan a súa seguridade e a dos demais. 

A rapazada puido coñecer de primeira man as consecuencias dos accidentes de tráfico, a miúdo causados polo consumo de substancias e outros distractores (móbil, manexo da radio...), espertando tamén a súa
conciencia sobre a importancia de empregar os elementos de seguridade de forma adecuada. 

Sen dúbida, é fundamental protexernos, coidar de nós mesmos e dos demais. Porque pasalo ben non está reñido con unha volta segura á casa!

martes, 23 de abril de 2024

Protección da Natureza


 

Recibimos de novo a visita da Garda Civil, que desta volta deu a coñecer ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º FPB a labor que realiza o Seprona (Servizo de Protección da Natureza), concienciando da importancia de ser respetuosos co medio ambiente e empregar os recursos naturais de forma responsable. 

viernes, 22 de marzo de 2024

Navega con Rumbo

O alumnado de 1º ESO e 1º FPB tivo a oportunidade de asistir á actividade, conducida por un enxeñeiro informático experto na materia, co que dialogaron de forma amena sobre internet e as oportunidades e perigos que pode levar asociados.


Dende logo, serán moi útiles os seus consellos e ter presente sempre o decálogo do bo uso de internet para unha navegación segura!