Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas
martes, 16 de septiembre de 2025
Historia contada polo cego Zago
Aqui tedes un resumo de Castelao, a historia contada polo cego Zago e debuxada por Isaac Díaz Pardo.
martes, 11 de marzo de 2025
Descubrindo a Castelao en Pontevedra
Despois de traballar na aula a o gran intelectual galego, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, hoxe tocaba completar a formación do alumnado de 2º Bacharelato visitando a exposición que hai no Museo de Pontevedra e facer un roteiro pola cidade para descubrir unha chea de datos, moitos deles moi curiosos e distintos lugares significativos na vida deste autor.
Etiquetas:
2º Bac,
Castelao,
Museo de Pontevedra,
Roteiro,
Roteiro Castelao
lunes, 24 de febrero de 2025
Rosalía e Castelao no Camballón
Hoxe tivemos unha gran sorpresa!
Visitáronnos Rosalía de Castro e Castelao!
Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.
Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a “Marquesiña”.
Non probóu máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a “Marquesiña”.
A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
¡E aínda lle chaman a “Marquesiña”!
Este vaise y aquel vaise
E todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
Que te poidan traballar.
Tes en cambio orfos e orfas
E campos de soledad,
E nais que non teñen fillos
E fillos que non tên pais.
E tês corazons que sufren
Longas ausencias mortás,
Viudas de vivos e mortos
Que ninguen consolará.
Percorreron as aulas do noso centro para ler fragmentos das súas obras entre elas: A marquesiña e Este vaise i aquel vaise.
jueves, 30 de enero de 2025
30 de Xaneiro unha cultura de non violencia e paz
O ano de Castelao, no que se conmemora do 75 aniversario do seu pasamento, alumnado de Relixión de 2º, 3º e 4º de ESO estiveron analizando a súa vida, os seus relatos e caricaturas.
Un home que destacou como narrador, ensaista, dramaturgo, médico, político e debuxante.
Descubriron que foi un home que denunciou as inxustizas das súa época que provocaban unha cultura de violencia na súa contorna e que a día de hoxe ainda non se erradicaron.
Imitando a Castelao, que escribíu unha postal as Nacións Unidas reclamando a xustiza que as democracias prometeran, cada alumna ou alumno realizou unha postal reclamando aquelo que cada un pensa que é preciso para que teñamos unha cultura de non violencia e paz.
miércoles, 29 de enero de 2025
Castelao
A biblioteca do Camballón quere rendir un homenaxe a un autor galego que este ano se conmemoran o 75 aniversario do seu pasamento. Estamos a preparar xunto ao departamento de Relixión unha serie de actividades para conmemorar esta data.
Aquí podede ver algúns do títulos que temos na nosa biblioteca por se queredes aproveitar e ler ou ver algúns dos debuxos cos que ilustrou algunhas das súas obras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








