jueves, 23 de mayo de 2024

Ruta de Piloño

 O alumnado de 4ºESO de Relixión que está a participar no Proxecto Somos das Cruces, do programa da Xunta EduSaúde, foi onte marcar unha nova ruta, esta vez pola Parroquia de Piloño. 

Realizaron un roteiro circular que parte do Campo do 21, dende onde se pode ollar o Castro de Alcobre. O percorrido transcorre ao carón do Regato Dobreixa ata chegar ao Lourido. De aquí dirixíronse hacia o


cruce con Liñares para coller a carretera que leva a Caseda. Alí visitamos unha fonte e a Capela de Santa Cruz dende onde se pode ver unha vista panorámica de Arbéan. Baixaron por unha corredoira dirección Lavadoiro e fonte de Arbéan cuxa data de construcción é 1954. 

Seguiron dirección Capela de Hoy Vas que data de 1696 e foi reformada 1748. Posteriormente subiron hacia a Igrexa parroquial de Santa María de Piloño de onde se pode ver o Pazo de Raíndo. Viron as escolas Vellas e o CEIP Cerdeiriñas que conta con cinconta anos de historia. 

Fixemos unha parada na casa Rectoral de Piloño, beberon un grolo na Fonte de Paxariñas para dirixirse cara a Capela das Angustías. De alí voltaron ao Campo do 21 e remataron a ruta na Fundación Paco Lareo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario