Mostrando entradas con la etiqueta CP EduSaúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CP EduSaúde. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de junio de 2024

Entrevista a Boado, Mosteiro e Richard. Somos das Cruces

 
Hoxe tocou entrevistar a tres nativos das Cruces: Luis Boado, Manuel Blanco (Mosteiro) e Ricardo Rey (Richard).

As nosas locutoras do proxecto Xiana Sánchez e Alba foron as encargadas da mesa de mezclas e María, Cristina e Xulia foron as responsables de que os nosos invitados nos contaran máis datos sobre as Cruces, que nos sorprenderon. 



Tres homes que recordaron a súa nenez nas Cruces, como se escondían nas covas, a rivalidade que había para as festas, onde se enterraban os veciños e veciñas, que negocios había na aldeas, como vivían as tardes de cine e o entroido.... E sobre todo, como cambiou o pobo. Grazas aos tres por tanta información e a Richard por compartir con nós algunhas fotos do pobo.





viernes, 31 de mayo de 2024

Ruta Santa Mariña de Bascuas.

  O  alumnado de 4º ESO estivo percorrendo a Parroquia de Bascuas. Partiron do lugar de Fondevila onde visitaron a primeira escola, a cal é unha das vivendas máis antigas da parroquia, como se pode ver no portal 1821. Pasaron pola fonte e lavadoiro do mesmo lugar datado de 1908 ambas edificacións a carón da Casa de turismo rural Casa dos Cregos. Visitamos   o campo da festa do Outeiriño que agora está en desuso por ter outro cunha mellor ubicación e mais extensión de terreo que tamén viron. Visitaron o torno de Barcala, unha construcción que empregaba a auga para que o carpinteiro puidera tornear a madeira sen tanto esforzo. 

No lugar Dosmestres viron o palomar da Rigueira, a fonte e lavadoiro antigo da aldea de Arriba, hoxe en desuso, e tamén fonte moderna que está situada no parque infantil desta parroquia.
Visitamos a igrexa, a mámoa, a moa de Oleiro xa a carón do río Deza. Onde tamén vimos a balsa, a pesqueira, o serradero e o muiño que pertenece da familia Soto, tamén coñecida coma os da Rigueira.
Rematamos no porto para despois dirixirmos ata o punto de partida, pasando pola casa de turismo rural e visitando o seu palomar.

martes, 28 de mayo de 2024

Somos das Cruces

 

Hoxe tivemos o pracer de entrevistar a dous irmáns que naceron nas Cruces, cabeza de concello hoxe en día pero que cando eles naceron pertencia a parroquia veciña de Besexos a maior parte dela e unha pequena parte pertencía a Cumero. 

Carlos e Manuel Mella contáronnos moitos datos da parroquia na que naceron e  como eles a recordan e como chegou ao que é agora.


Moitas grazas por  contarnos a a historia das nosas parroquia para poder coñecelas un pouco máis e que non morra a historia cultural e humana que nos rodea.

Grazas tamén as nosas locutoras María, Xulia, Alba, Xiana e Cristina polo seu traballo e  por contribuír deste xeito co proxecto CP Edusaúde e Somosdascruces. 

É importante manter viva a memoria dos nosos antepasados para que historia do noso pobo sexa herdanza das xeneracións vindeiras. 



 

jueves, 23 de mayo de 2024

Ruta de Piloño

 O alumnado de 4ºESO de Relixión que está a participar no Proxecto Somos das Cruces, do programa da Xunta EduSaúde, foi onte marcar unha nova ruta, esta vez pola Parroquia de Piloño. 

Realizaron un roteiro circular que parte do Campo do 21, dende onde se pode ollar o Castro de Alcobre. O percorrido transcorre ao carón do Regato Dobreixa ata chegar ao Lourido. De aquí dirixíronse hacia o


cruce con Liñares para coller a carretera que leva a Caseda. Alí visitamos unha fonte e a Capela de Santa Cruz dende onde se pode ver unha vista panorámica de Arbéan. Baixaron por unha corredoira dirección Lavadoiro e fonte de Arbéan cuxa data de construcción é 1954. 

Seguiron dirección Capela de Hoy Vas que data de 1696 e foi reformada 1748. Posteriormente subiron hacia a Igrexa parroquial de Santa María de Piloño de onde se pode ver o Pazo de Raíndo. Viron as escolas Vellas e o CEIP Cerdeiriñas que conta con cinconta anos de historia. 

Fixemos unha parada na casa Rectoral de Piloño, beberon un grolo na Fonte de Paxariñas para dirixirse cara a Capela das Angustías. De alí voltaron ao Campo do 21 e remataron a ruta na Fundación Paco Lareo.


martes, 30 de abril de 2024

Ruta de San Pedro Añobre

O alumnado de 4º de ESO presentaron a Ruta de San Pedro de Añobre, acompañados de Mónica Salgado Sueiro, veciña do  lugar,  quen nos explicou e aclarou dúbidas sobre a infomación que recolleran. 

Iniciaron a ruta circular que arranca no cruceiro do lugar de Añobre, pasaron polo lavadoiro de Eirexe, a Igrexa de San Pedro (onde viron canzorros románicos), o Castro no que se atopacampo da festa  e unha sobreira centenaria. Dende alí puideron ver dous castros o de Castromouzo en Camanzo e o de Ledesma (Boqueixón).

En Vilariño viron a fonte  e a sede do Galo Celta. Continuaron hacia a Costa onde tamén hai unha fonte e dous cruceiros de singulares. Dende este lugar pódese ver o río Ulla e a poboación de Bendaña do concello limítrofe de Touro co que había moi boa relación por tratarse do paso do camiño de Santiago que se facía empregando unha barca. Nesta zona hai unha pesqueira e o muiño de río da Casa de Diéguez. En Beuvas viron o muiño de Pereiro e a fonte do lugar. Continuaron hacia Vilariño de novo para ver un muiño e de volta en Añobre foron a escola, a casa da tía Ramona, a tecedeira e a casa do mestre.  Antes de dar por finalizada a ruta, viron o  lavadoiro e a fonte do lugar de Añobre de onde xa divisa o Cruceiro de onde partiran.

Grazas Mónica por acompañarnos neste fermoso percorrido!!







Powered by Wikiloc

viernes, 26 de abril de 2024

Piloño e a Extraña desaparición de Carolina Santomé

 O alumnado de 1º e 2º de ESO de Relixión percorreron hoxe Mourenzo (Piloño), o lugar onde nace e vive Carolina Santomé. Partimos da panadería de Juan, pasamos pola parada de bus, o campo da festa ou tamén chamado o 21, a casa dos avós Águeda e Ándrés (Pazo de Raíndo), a Igrexa de Santa María (onde se celebran as festas patronais de: Santa María, San Roque e a Virxe das Dores e onde casa Carolina). a escola de Don Eulogio e rematamos na fundación Paco Lareo (que fala do ferreiro Anselmo, pai de Carolina, que comparte oficio con Don Manuel Lareo, pai de Paco).