Estes días visitounos Lucía, antiga alumna do centro que estuda Dereito no campus de Santiago. Lucía encontrouse con alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Achegándolle a súa propia experiencia, falou sobre as diferenzas entre o instituto e a universidade e tamén presentou o seu grao de Dereito e as saídas laborais vencelladas ao mesmo.
Destacamos da ponencia de Lucía, a loanza que fixo ao estudo, concienciando á rapazada sobre a importancia de estudar de forma consciente e de esforzarse para alcanzar os logros propostos, sendo fundamental ter unha actitude positiva e de crenza nun mesmo/a.
Gracias Lucía! Desexámosche moita sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario