Neste mes de marzo levamos a cabo varios obradoiros nos que se abordou o conflito e a súa resolución nos cursos de 1º e 2º ESO. Impartidos por Arelar Xestión Socioeducativa, analizamos o concepto de conflito, os seus compoñentes, a súa influencia emocional e as distintas formas de abordalos.
Así, aprendemos sobre os distintos estilos de comunicación e puxemos en práctica as habilidades sociais para unha comunicación asertiva, tomando conciencia da importancia da mesma para expresar a nosa opinión e afrontar as diferenzas de forma respectuosa, con nós mesmos e cos demais.
Aprendemos traballando en grupo e mediante dramatizacións, para finalmente analizar un conflito de forma grupal, tomando conciencia da importancia de non poñer etiquetas, afrontar o conflito dende unha perspectiva empática e adoptar unha postura flexible que permita que todas as partes saian beneficiadas na resolución do mesmo, o que garantirá a continuidade e evolución positiva das relacións. Aquí podedes ver distintos momentos das sesións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario