sábado, 31 de mayo de 2025

Menores nin unha pinga

Próximos ao fin de curso, finalizamos o mes de maio participando no programa “Menores nin unha pinga”. Impartido por educadores da Fundación Alcohol y Sociedad, pretende previr o consumo de alcohol nos menores de idade e favorecer un ocio responsable, desligado do consumo destas substancias.
O alcohol, ao contrario que outras drogas, está normalizado socialmente, mesmo forma parte asidua de celebracións e eventos, o que sumado á presión do grupo, son factores determinantes no inicio temperá e ligado ao ocio. Por isto, da man de persoal experto, coñecemos os efectos do alcohol no organismo e o gran dano que causa en menores de idade, sendo o consumo nestes casos totalmente prohibido, á par que aprendemos técnicas e estratexias para aprender a dicir que non e divertirnos de forma saudable.
Sen dúbida, foron unhas sesións moi proveitosas nas que o alumnado obtivo información certeira e fiable, ademais de aprender de forma amena e divertida como podedes ver aquí.

viernes, 30 de mayo de 2025

Sorteo das rifas da Excursión de Barcelona e Tarragona

Hoxe na hora do recreo tivo lugar na aula Manuel Dobarro o sorteo  do gañador ou gañadora dun queixo e dun xamón das rifas da Excursión de Barcelona e Tarragona, o número agraciado foi

0961

O agraciado ou agraciada ten toda a vindeira semana para recoller o seu premio, ata o venres 6 de xuño, senón pasaríamos a un novo sorteo.

jueves, 29 de mayo de 2025

III Mostra de Orientación de A Estrada

O 27 e 28 de maio celebrouse a III Mostra de Orientación de A Estrada, que o alumnado de 4º ESO e 1º APSD tivo a oportunidade de visitar. 


Puideron coñecer a oferta formativa dos institutos da contorna, visitar os stands de formación profesional e das tres universidades galegas, así como outros da Policía Nacional, Garda Civil e Forzas Armadas. Tamén estiveron presentes puntos informativos das ensinanzas de réxime especial, Escola de Pilotos Aeroflota do Noroeste (AFN) e asociacións como Ocionautras e Acrofam, entre outros. 

Sen dúbida, unha inciativa moi útil para favorecer o proceso de toma de decisións vocacional no alumnado, a través do coñecemento da oferta formativa. 

martes, 27 de mayo de 2025

Equipa Gañadora

Estas son as integrantes da Equipa que resultou gañadora no Scape Room sobre o libro Memoria do Silencio, onde se fala das irmáns Touza en Ribadavia. Parabéns a equipa Medico: Marta, Shaila, India, Aldara e Iría que non demostraron as súas destrezas a hora de resolver os enigmas senón que tamén foron as que máis acerto responderon ás cuestións teóricas.

 

viernes, 23 de mayo de 2025

Mellor grupo na misión


Pero cal de todos os grupos foi o que colaborou e estivo máis atento na misión encomendada?

Sería... Evanxelista, Pescadores, Taxi, Calavera, Consul e Médico.

Aínda que todos os grupos traballaron moito para resolver a misión, ao finalizar cada grupo tiña que demostrar que coñecementos adquiriron coas actividades realizadas. 

En breve saberedes quen obtivo mellor puntuación.

Club de lectura e a organización clandestina The Mother

Iniciamos a xornada arriscando a nosa vida para salvar xudeos axudando á organización clandestina The Mother. Fomos convocados na estación do ferrocarril de Ribadavia onde empezou a nosa aventura.

Interpretamos coordenadas, seguimos pistas, descubrimos enigmas e coñecemos a historia e o patrimonio da vila.

O xogo estaba ambientado na historia das Irmáns Touza, Lola, Amparo e Xulia que entre 1940 e 1945 puxeron as súas vidas ao servizo da liberdade e da dignidade humana. Asumiron un grande risco para liberar aos centos de xudeus polo son consideradas as Schindler Galegas. A actividade foi organizada por Natalia e Gema de Xogando coa Historia, Rutas e Retos.

O noso interese pola historia de estas irmáns parte do libro Memoria do silencio, lectura compartida polos distintos grupos este curso.


Ao finalizar o xogo visitamos o Castelo dos Sarmiento e o Museo Sefardí. Rematamos a xornada relaxándonos nas Termas de Prexegueiro onde coñecemos a Jakson, un gatiño moi sociable!

Moitas grazas ao grupo do Club de Lectura pola súa implicación e o seu comportamento exemplar!

Xa sabes, ler ten premio, o próximo curso tes que apuntarte ao noso Club de Lectura!






jueves, 22 de mayo de 2025

Misión en Ribadavia

 Hoxe, todos os membros dos distintos Clubs de Lectura do Camballón, teñen unha misión moi arriscada e difícil, para o que recibiron unhas instruccións  moi precisas e unha carta top secret. Están distribuídos en equipas, onde ademáis de
coñecer Ribadavia tamén deben colaborar entre os membros para resolver eficazmente o enigma, Nas máns de: Evanxelista, Pescadores, Taxi, Calavera, Consul  e Médico está axudar a unha persoa cuxa vida está en grave perigro por mor da persecucións nazi, un ser cuxo único crime é pertencer a fe e  a unha comunidade condenada polo odio e o fanatismo. 

miércoles, 21 de mayo de 2025

Viaxamos á estratosfera na MarumaSat VII


Onte o alumnado de 1º BAC participou no lanzamento da MarumaSat VII. A cápsula subiu á estratosfera até acadar os 35128 m, para aterrar posteriormente ao sur de Lalín. O grupo de rescate conseguiu localizala preto das 17 h. Nunha primeira inspección, todos os dispositivos e experimentos chegaron en perfecto estado, así que agora toca analizar datos e sacar as conclusións correspondentes. 



O alumnado do noso centro asumiu varias tarefas importantes. A primeira delas ten que ver co seu experimento científico, cuxo obxectivo é obter a través da trigonometría unha aproximación do radio terrestre a partir das imaxes tomadas pola cámara de a bordo. 









Por outra banda, durante o lanzamento o alumnado dividiuse en dous grupos: un encargado do inflado de globo e atado do paracaídas e a cápsula; e o outro á fronte da emisión en directo do lanzamento na canle de youtube da NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. Un equipo de tres alumnas tamén participou na misión de rescate da cápsula que se organizou tras o despegue e que se desprazou até Lalín. 





O profesorado do proxecto quere recoñecer o compromiso e enerxía do alumnado de 1º BAC, así como a solvencia coa que souberon resolver todo o proceso. Tamén valora a súa actitude responsábel e agradece enormemente a boa disposición coa que asumiron o reto.







sábado, 17 de mayo de 2025

Feliz día das letras



Fuliada desta noite,
mañá será sonada,
quela sea o que non sea,
sempre será fuliada.


viernes, 16 de mayo de 2025

Pandereiras do Camballón poñen voz a Dorinda de Duro

 Que grandes as Pandereteiras do Camballón, que quixeron homenaxear a Dorinda de Duro, grazas por preparar en pouco tempo este merecido acto, ataviadas co traxe tradicional de gala ou de cotío: Antía, Cristina, Martina, Sheila, Aldara, Sabela, Lucía e Iria.



O acto foi presentado por Antia, neta da Señora Dorinda de Duro, veciña de Santo Tomé de Insua en Vila de Cruces



A activade consistíu en cantarlles ao alumnado do centro tres pezas: un maneo, unha muiñera e un pasodoble.









Cantareira da terra, voz de Santo Tomé de Insua: hoxe a voz de Dorinda de Duro soa no Camballón.

Hoxe conmemoramos o día das cantareiras, mulleres que ao longo dos séculos, mantiveron a nosa lingua viva a través das súas coplas e melodías. Fixeron da lírica popular galega un dos maiores patrimonios culturais que posuimos. A historia das cantareiras vai máis aló da súa arte: é a historia


dunha loita por preversar a nosa identidade e a nosa lingua cando todo parecía ameazado polo avance de novos tempos e a novas formas de comunicar. Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens escribiron algúns capitulos da tradición musical galega… nomes recollidos por Dorothé Schubart no Cancioneiro popular galego, unha das obras máis importantes para a recuperación da nosa música tradicional. Nesa obra non se recolle a Dorinda de Duro, a nosa homenaxeada. Nada no lugar de Souto en Santo Tomé de Insua. A día de hoxe, Dorinda canta o que o pobo sentía, coas máns na pandereta e o corazón na aldea.

Xeneración a xeneración foron transmitindo coplas que foron e son recollidas por moitas persoas que continuan gardando ese patrinomio inmaterial que son os cancioneiros. 

Cantaban nas palleiras, as noites, a luz do candil, xuntábase as persoas do lugar e para pasar as noites de inverno botaban unhas pezas. Tamén cando se facías os traballos do campo botar o trigo, segalo, facer
os mollos… botar e recoller as patacas, labrar o millo, apañar as espigas e debullalas….

Na nosa biblioteca menos estes días unhas exposición de libros escritos, onde podedes ver algunhas desas coplas que fan alusión a versos temas como: o amor, a xente, o gando,a política, o contrabando, os lugares, os santos,as romerías, os curas... entre outros.


"Dorinda cantaba o que o pobo sentía: hoxe cantamos por ela."

"Cantareira da terra, voz de Santomé de Insua: hoxe a voz de Dorinda de Duro soa no Camballón,  as Letras soan a ela ." Grazas Dorinda por transmitirnos o que vostede aprendeu.

E temos sorpresa!!

jueves, 15 de mayo de 2025

O museo da Prehistoria

 O alumnado de 1º de ESO, dirixidos pola súa profesora de Xeografía e Historia Ana Piñeiro, estiveron traballando a Prehistoria. Dividíronse en grupos e, cada un, fixeron reconstrucións diferentes ferramentas da prehistoria, que despois tiveron que presentar ao resto de compañeiras e compañeiras.

















De Santo Tomé de Insua para o mundo: A forza de Dorinda de Duro nas letras


 

Maña, imos conmemorar no Camballón as Letras Galegas, unhas letras moi especiais por adicarllas aos traballos e á figura das cantareiras, mulleres que mantiveron a nosa lingua viva a través das súas coplas e melodías, facendo da lírica popular  galega un dos maiores patrimonios culturais que posuímos. Unha loita por que a nosa identidade e a nosa lingua, cando todo parecía ameazado polos avances de novos tempos e novas formas de comunicar, segue viva.
A Real Academia Galega elixíu as seis mulleres protagonista, pero o IES Marco do Camballón, ten a súa propia, unha cruceña, como moitas outras que descoñecemos porque xa non están ou non demos sabido delas. 
Dorinda de Duro é a nosa homenaxeada, nada en Souto, parroquia de Santo Tomé de Insua, é un referente para nós e para a nosa lingua. Grazas Dorinda pola súa presenza e a forza que coa súa música permite ter hoxe un patrimonio vivo. 






miércoles, 14 de mayo de 2025

Iniciación segura á pegada dixital




Participamos no programa "Iniciación segura á pegada dixital", no que o alumnado de 1º e 2º da ESO toma conciencia da importancia do rastro que se deixa en internet e aprenden sobre seguridade e privacidade nas redes sociais e no ciberespacio.  






martes, 13 de mayo de 2025

Premios escritura rápida

 




Hoxe tivo lugar a entrega de premios de concurso de Escritura Rápida levado a cabo na hora le ler para conmemorar o día do libro: Lucía, Alba, Nico, Nuno e Leandro son os premiados. 


Parabéns!

Aquí tedes algúns dos textos que foron seleccionados.

Aventura educativa en Rianxo!


Os alumnos do Camballón estiveron onte no colexio Brea Segade. Alí, José Luís Orjais Dopico impartiu unha pequena conferencia sobre cancioneiros e literatura oral, sobre a improvisadora Rosalía, e moito máis!




Ensinoulles o arquivo sonoro do colexio e nun disco de vinilo vello escoitaron un disco gravado hai tempo nunha taberna. Incluso tocaron o vinilo "Recolleita" con temas de Eva Castiñeira recompilados por Pablo Quintana. Que desperdicio!



Alí tamén coñeceron a Luís Tembra, impulsor da compañía Quinteiro Doce, patrocinador da Xira Regueifa. Entregoulles uns paquetes de rosquillas e doces da marca máis popular do país. Que persoa marabillosa!

Despois dirixíronse ao IES Félix Muriel, onde foron recibidos polo Equipo de Dinamización Lingüística. Bailando no recreo. A loita entre Castelao e Franco foi épica!


Na biblioteca o noso alumnado impartiu un obradoiro de regueifa para 40 alumnos do centro. Todos acabaron ruxindo! Fantástico! 

Convidáronnos a comer, unha deliciosa empanada de cogomelos de Rianxo e pizzas. Que sorte!

Por fin chegaron ao porto e embarcaron nunha xeiteira, unha fermosa embarcación tradicional na que improvisaron ao ritmo de Rianxeira uns versos sobre o mar, un mar, ou lembraron a Rianxo que fixo que aquel momento te acompañase toda a vida.



Viva a regueifa!



lunes, 12 de mayo de 2025

Amadriñamento lector

 

As alumnas de 1º de Tapsd, celebraron venres o libro facendo un amadriñamento lector na escola infantil
de Vila de Cruces.



Leron os libros Violín, Cocorico e os Tres Porquiños nas diferentes liñas de 0-1; 1-2; 2-3.



viernes, 9 de mayo de 2025

Marco di Murano


 

Onte veu o noso centro Marcos Porto, autor da novela Marco di Murano, que leron os membros dos distintos Club de lectura do centro.





 Na charla, que tivo lugar na aula Manuel Dobarro, falou do proceso de creación e edición do libro.


Tratou aspectos históricos, artísticos e culturais de Venecia, Milán e Florencia,  cidades nas que está ambientada a historia de Marco. Ademais recordounos a importancia de crer en nós mesmos e de que fagamos aquilo que nos apaixone.


Moitas grazas pola túa visita @marcodimurano!