jueves, 6 de noviembre de 2025

Visita a Radio Pontevedra e o Museo de Pontevedra

 O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Relixión, xunto co voluntariado da nosa radio escolar,visita  hoxe a Radio Pontevedra!.  Participan nunha xornada de formación radiofónica nas instalacións de Radio Pontevedra.

Durante a visita, poden coñecer de preto o funcionamento dun medio de comunicación profesional, participar nun obradoiro práctico e mesmo intervir en directo no magazine local “Hoxe por Hoxe”

Aproveitando a viaxe, o grupo tamén realizan un percorrido polo patrimonio histórico e cultural da cidade de Pontevedra, descubriendo os seus espazos máis emblemáticos, se o tempo acompaña. 

Unha experiencia enriquecedora que combina aprendizaxe, comunicación e cultura, e que sen dúbida deixará moi boas lembranzas!

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía, Arte e Patrimonio de Galicia realiza unha saída cultural ao Museo de Pontevedra, onde participará nunha visita guiada pola exposición permanente A historia de Galicia: dende a prehistoria ata a actualidade.

Durante a visita tamén poderán coñecer a mostra Tirando do fío. Unha historia da moda do século XIX, así como a exposición da artista Marta Pazos, que achega unha visión contemporánea e creativa da arte galega actual.

Para completar a xornada, o grupo visitará tamén a Igrexa de Santa María, un dos exemplos máis destacados da arquitectura relixiosa da cidade de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario