Mostrando entradas con la etiqueta Somos iguais?. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Somos iguais?. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2024

Somos iguais? Prevención da violencia de xénero


 Achégase o 25N, unha data sinalada no calendario por conmemorarse o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Por este motivo e sendo conscientes da importancia da educación nesta materia, levouse a cabo a actividade "Somos iguais? Prevención da violencia de xénero", impartida por unha psicóloga infanto-xuvenil ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.  

Na sesión, abordouse a cuestión do xénero como constructo social e a súa implicación no feito de ser home ou muller. Pero..., somos iguais homes e mulleres? O alumnado aportou a súa visión e achegouse ao concepto de violencia de xénero, entendida como aquela que se exerce sobre as mulleres polo feito de selo, ou ao consideralas en inferioridade. A este respecto, a violencia non debe tolerarse nas relacións de ningún tipo, tampouco nas relacións de parella, e desto deben ser conscientes homes e mulleres. 

Ter relacións saudables esixe un exercicio de conciencia polas partes implicadas, que pasa, entre outras cousas, por marcar límites claros e non tolerar que estes sexan traspasados. Respectar aos demais e respectarse a un mesmo/a é a base para establecer relacións saudables e en igualdade.