martes, 29 de abril de 2025

Apadriñamento lector no CEIP Nosa Señora da Piedade

 


No día de onte, o noso alumnado de 1º ESO de Relixión apadriñou ao alumnado de Educación Infantil no CEIP Nosa Señora da Piedade. 

Cada padriño ou madriña foi buscar aos seus afillados e afilladas lectores ao cole e despois, buscaron un lugar no parque da Residencia para ler o libro. Aparte da lectura, compartiron charlas e xogos  nas instalacións do propio parque.





O alumnado do Camballón foi obsequiado cun marcapáxinas pintado polo alumnado de Infantil. Aquí podedes ver algúns deses marcapáxinas. Moitas grazas!!






lunes, 28 de abril de 2025

Excursión a Barcelona e Tarragona

 O alumando de 3º e 4º de Dramatización e Relixión estiveron a semana pasada percorrendo o corazón de Barcelona: A Basílica de Santa María do Mar ( que inspira o libro da Catedral del Mar de Idelfonso Falcones), o Templo de César Augusto, a Plaza de San Jaume, Casa Milá- La Pedrera, Ponte do Bisbe, Plaza de San Felip Neri (onde se ambienta a película O perfume e Vicky Cristina Barcelona),Casa de l'Ardiaca (casa gótica que foi sede do colexio de Avogados e arquivo histórico), Plaza de Cataluña para finalmente visitar a Sagrada Familia.

Estivemos en Port Aventura desfrutando das distintas atraccións  e espectáculos que o parque  ofrece

Tamén se achegaron a Francolí para visitar a cova de l'Espluga e Montblanc Medieval. Finalmente displazáronse a Tarraco (Tarragona) antiga cidade romana declarada Patrimonio da humanidade. Alí viron o templo de Xúpiter, o foro colonial (concello) e provincial, o circo e o anfiteatro.






viernes, 25 de abril de 2025

Obradoiro sobre resolución de conflictos

Continuamos a aprender sobre resolución de conflitos, desta volta co alumnado de 1º FP Básica e 4º ESO, que puxeron en práctica mediante xogo de roles a súa abordaxe, coidando a expresión asertiva. Así mesmo, o alumnado puido reflexionar sobre o papel das etiquetas sociais, o compoñente emocional no

conflito e a importancia da súa resolución de forma pacífica, para o que resulta clave desenvolver destrezas e habilidades tales como a empatía, escoita activa...

Aquí  podedes ver algúns momentos dos obradoiros, que foron desenvolvidos por Arelar Xestión Socioeducativa ao longo de varias sesións.

Drogas e alcol en menores

Esta semana recibimos de novo a visita da Garda Civil, para informar sobre o consumo de drogas e alcol, pero desta volta aos menores. 

A axente encargada falou co alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º FPB, nunha sesión de prevención na que ademais de informar sobre os tipos de drogas e os seus efectos, incidiuse na importancia da toma de decisións reflexiva e o ocio responsable. 


jueves, 24 de abril de 2025

As tics e os seus riscos

No marco do Plan Director para a convivencia nos centros educativos, estes días estanse a levar a cabo unha serie de charlas no centro. No caso do alumnado de 1º ESO, no día de hoxe falaron con unha axente da Garda Civil sobre os riscos das TICs, a fin de favorecer un uso responsable das mesmas e previr os
mesmos. 

As novas tecnoloxías avanzan a pasos axigantados e aínda que non sexamos conscientes, estamos sometidos a riscos no seu uso de forma continua, por iso cómpre ser conscientes dos mesmos e facer un uso seguro e responsable das mesmas: manter as cámaras dos dispositivos tapadas, acceder só a páxinas seguras, non contestar a descoñecidos, manter sempre o modo privado, facer limpeza dos nosos móbiles para eliminar virus, empregar contrasinais fortes....son cuestións que poden reducir e minimizar os perigos. 

Internet non está exento doutros perigos como o ciberacoso, ciberadicción, acceso á pornografía a idades temperás....O caso é que a ciberdelincuencia é unha realidade e podemos ser vítimas da mesma ou incluso cometer un delito sen ser conscientes. Por isto, cómpre estar informados e facer un uso crítico e responsable destes medios. 

Para rematar, tal como nos informou a axente, indicar que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) pon a disposición da cidadanía o teléfono 017 para calquera tipo de dúbida ou axuda en ciberseguridade.

Prevención de delitos sexuais


Hoxe recibimos a visita da Garda Civil, que impartiu unha charla ao alumnado de 2º ESO sobre a prevención de delitos sexuais, informando sobre cuestións nas que moitas veces non se repara e que porén, poden ter consecuencias negativas. Na sesión, a axente incidiu na importancia do consentimento nas relacións, un aspecto fundamental nas mesmas para que estas se dean en igualdade e respecto. Así mesmo, falouse de grooming, sextorsión, agresión sexual, abuso sexual infantil... destacando a importancia de contalo a un adulto de confianza e denunciar nestes casos. 

Os contidos foron impartidos de forma dinámica e dialogada, buscando a participación e reflexión do alumnado mediante a exposición de información e visualización de vídeos. Todo iso coa finalidade de facelo consciente da importancia dos seus actos e da toma de decisións responsables. 

Moitos dos delitos sexuais indicados, están ademais vencellados coas novas tecnoloxías ou mesmo o consumo de substancias, como tamén se abordou durante a charla. A este respecto, cómpre educar na responsabilidade e non deixarse levar pola presión social imposta.