martes, 7 de octubre de 2025

Xa temos zona LGTBI

 




Manuela, alumna de 4 de ESO e voluntaria da biblio, foi a encargada de facer a selección dos libros, de elaborar o cartaz identificativo e de elegir o lugar para ubicalos.




Moitas grazas pola túa colaboración, Manuela!!


lunes, 6 de octubre de 2025

Voluntariado

 

Este curso moitos alumnos e alumnas que colaboran con nós durante o recreo. Aquí os vedes facendo o cartel para o punto de intercambio de libros. Outro grupo colabora na radio.



Todos eles recibirán un diploma oficial a final de curso onde constará o número de horas que trabalenguas durante os recreos.

Se queres unirte a eles estás a tempo, ven durante un recreo á biblioteca e anótate!


viernes, 3 de octubre de 2025

Podes levalos sen volta!


Na entrada do centro tedes unha selección de libros que podedes levar sen volta. Pertenecen ao fondo de intercambio que estaba depositado na sala de lectura.


Temos libros moi interesantes!

jueves, 2 de octubre de 2025

Ruta románico no Deza e na Ulloa

 

O alumnado de 2º de Bacharelato de Xeografía, Arte e Patrinomio de Galicia impartíronlle ao alumnado de Relixión de 1º, 2º e 3º de ESO unhas clases maxistrais nas igrexas de San Andrés de Órrea, San Julián de Ventosa, Santa María de Melide, San Salvador de Vilar de Donas e remataron no Castelo
de Pambre.

 

Agradecemos a Cris G, Alba, Pablo, Xabier, Cris M, Alejandra, Nerea C. e Nerea Ch polo magnífico traballo. Tamén queremos agradecer aos administradore
s de Órrea, Don Ángel, e o de Ventosa, Don José, por atendernos e explicarnos dúbidas tan amablemente.



miércoles, 1 de octubre de 2025

Recomendacións do mes de outubro

 

O alumnado de 2º de Bacharelato, foron a radio para recomendarnos algunhas lecturas para este mes de outubro. 

 

Hai moita variedade de temáticas e de xéneros literarios. Pasade pola biblio e botádelle un ollo a estantería de novidades.






Formación de usuarios



 O alumnado dos ciclos de Soldadura e Dependencia acudiu esta semana á biblioteca para coñecer o seu funcionamiento así como as normas de préstamo e os fondos dos que dispoñemos.

Agradamos velos moito pola biblio durante este curso!