domingo, 30 de noviembre de 2014

Clasificación do 2º bloque da 2ª fase





As respostas correctas ao segundo bloque de preguntas da segunda fase son as seguintes:






1. Busca na nosa biblioteca o libro que corresponda coa CDU: 796-AV-cic e explica que decisión tomou a UCI (Unión Ciclista Internacional) no 2012 con respecto ao deportista que aparece na portada.

Desposuíuno dos 7 títulos do Tour de Francia

4-Busca na nosa biblioteca o manual de Primeiros Auxilios de Cruz Roja Española e investiga que significan as siglas  PAS que aparecen no 4º capítulo dese libro.


Protexer-Avisar-Socorrer


CLASIFICACIÓN POR ORDE DE PUNTUACIÓN DE MAIOR A MENOR
EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
Os nénos
5/5
10
40
Ilussia
5/5
10
39
Nosilo
5/5
10
39
Morriña
5/5
10
39
As venusiñas
5/5
10
38
Chocolota
5/5
10
38
Alex Tintor
4/4
8
31
Merengue Merengue!!
5/5
10
29
Los Ma´s
0/5
5
20
Zoes
0/0
0
18
Zapato de Cristal
0/0
0
10
Galizantes
0/0
0
5
Equipo A
0/5
5
5
ELINFO
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap
0/0
0
0
Sen nome
0/0
0
0

Nesta 2ª fase houbo un empate a 10 puntos entre 7 equipos pero Os nénos segue en primeira posición. 
Durante o mes de decembro tomámonos un descanso para concentrármonos nos exames e retomamos a actividade á volta de vacacións da man do Departamento de Relixión. 



viernes, 28 de noviembre de 2014

Gañadores CambaNet Matemáticas

Aquí tedes o equipo Os nénos, gañadores da primeira fase do concurso CambaNet, no momento de recibir un merecido galardón: tres crachas co logo do concurso e o nome do departamento (Mates) que formulou as preguntas nesta fase.
Parabéns!



jueves, 27 de noviembre de 2014

Tattoos da Galiza

Tattoos da Galiza é unha colección de tatuaxes en galego ou de tema galego que recolleu o Clube da Lingua no concurso "Galiza, á flor da pel". Como veredes, a colección é impresionante, con tatuaxes moi orixinais e de gran valor estético e simbólico.

Algúns representan temas persoais, íntimos; outros som máis sociais ou políticos. O importante do concurso, e que chamou moito a atención na rede social, foi termos a oportunidade de poder ver e compartir imaxes e deseños que normalmente pertencen ao ámbito do privado, do persoal. Puidemos facer pública, colectiva, unha colección que sumou moitas experiencias persoais.

Tamén é importante, e emocionante, saber que a nosa lingua, a nosa identidade é moderna, actual e está vinculada, á arte de vangarda, e ao mundo da xente nova.

E descubrimos que as imaxes galegas, desde os petróglifos ata as sereas de Castelao, son unha opción atractiva, fermosa e potente a outros deseños foráneos, como motivos americanos, xaponeses ou maorís.

Que vos preste! Viva a nosa cultura!

lunes, 24 de noviembre de 2014

2º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 2 preguntas correspondentes ao 2º bloque (do luns 24 ata o venres 28 de novembro).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación desta primeira fase do concurso, faranse públicas o domingo 30 de novembro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón. 


As preguntas son as seguintes:


1. Busca na nosa biblioteca o libro que corresponda coa CDU: 796-AV-cic e explica que decisión tomou a UCI (Unión Ciclista Internacional) no 2012 con respecto ao deportista que aparece na portada.


2. Busca na nosa biblioteca o Manual de Primeros Auxilios de Cruz Roja Española e averigua que significan as siglas PAS que aparecen no 4º capítulo dese libro.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Clasificación do 1º bloque de preguntas da 2ª fase



As respostas correctas ao primeiro bloque de preguntas da segunda fase son as seguintes:







1. Busca no catálogo da nosa biblioteca que película dirixida por Stephen Daldry e que ten como tema central a danza trata temas relacionados co sexismo machista.

                     Billy Elliot 


2. Busca na nosa biblioteca o libro que corresponda coa CDU: 796-LAT-bal e escribe como se chama o sistema defensivo que aparece no gráfico da páxina 330.

                      6:0


CLASIFICACIÓN POR ORDE DE PUNTUACIÓN DE MAIOR A MENOR

EQUIPO
PUNTUACIÓN POR PREGUNTA
TOTAL PARCIAL
TOTAL FINAL
Os nénos
5/5
10
30
Ilussia
5/5
10
29
Nosilo
5/5
10
29
Morriña
5/5
10
29
As venusiñas
5/5
10
28
Chocolota
5/5
10
28
Alex Tintor
5/0
5
23
Merengue merengue!!
5/5
10
19
Zoes
0/0
0
18
Los Ma´s
5/0
5
15
Zapato de Cristal
0/0
0
14
Galizantes
0/0
5
5
ELINFO
0/0
0
0
Equipo A
0/0
0
0
Funch
0/0
0
0
JAN
0/0
0
0
MAR
0/0
0
0
Marai
0/0
0
0
Nap
0/0
0
0
Sen nome
0/0
0
0


Observación: a lingua do concurso é o galego e, salvo na fase correspondente ao Departamento de Lingua Castelá, será a lingua na que se redactarán as respostas. Lembrade que unha falta de ortografía, e os castelanismos (por exemplo, responder Bolonia en vez de Boloña) teñen esta consideración, supón un desconto de 1 punto. 
Se alguén ten algunha dúbida en relación á valoración das súas respostas pode preguntar ao equipo de biblioteca ou ben enviar un comentario ao blog.


sábado, 22 de noviembre de 2014

Excursión a Santiago

O xoves 20 o alumnado de 2º ESO, 4º, 1º e 2º Bacharelato estivemos en Santiago no Auditorio de Galicia, Museo de Historia Natural e na Catedral.
No Auditorio asistimos á representación con monicreques da historia da Guerra de Troia.


No Museo de Historia Natural ubicado no fermoso parque de Vista Alegre visitamos a súa exposición permanente: biodiversidade terrestre (fauna, selva, sabana...)  e acuática (fraga, augas continentais...), a xeodiversidade (minerais, rochas, solos...), etc.


O Museo foi inaugurado recentemente na súa nova ubicación, e o profesor do noso centro Séchu Sende foi un dos primeiros en visitalo, quedando abraiado co que alí está exposto. E por iso decidiu escribir un diario sobre as anécdotas que viviu durante eses días en relación co que alí descubriu e que espertou o seu interese: unha donicela, unha vértebra de balea... O alumnado que participou na actividade tivo a ocasión de ler eses escritos a modo de diario para poder poñerse en antecedentes do que, en parte, ían atopar alí. Buscamos e buscamos a donicela que deseñou Séchu para A donicela do pai de Celestino... e atopámola agochadiña entre unhas plantas de ribeira. Aquí vos deixamos o deseño de Séchu e a foto que lle fixemos nós:


                      




Por outro lado, o alumnado de 2º de Bacharelato fixo unha visita á Catedral: cubertas, museo, arredores... e isto foi o que viron: