viernes, 30 de septiembre de 2011

SANGRE DERRAMADA

É verán en Suecia, cando brilla o sol de medianoite e o longo inverno foi esquecido. Neste tempo máxico, unha sacerdotisa luterana, Mildred, é achada morta con signos de tortura na cidade de Kiruna. Mildred era unha declarada feminista, unha loitadora amada e odiada por igual. Está claro que non todos en Kiruna aceptan que unha muller sexa sacerdote, pero tres meses despois do brutal asasinato a policía segue sen ter unha pista. Rebecka Martinsson volve a Kiruna, o lugar onde creceu, a realizar unha xestión para o bufete de avogados de Estocolmo no que traballa. Con todo, pronto se ve envolvida neste misterioso caso: Anna-Maria Mella, a policía local de Kiruna, acode a Rebecka en busca de axuda; sabe que só ela é capaz de desenmascarar a escura verdade que esconden os habitantes desta xélida cidade.

jueves, 29 de septiembre de 2011

A PAIXÓN DE ALEXANDRA

Alexandra é unha rapaza de primeiro de Bacharelato a quen lle gusta moito a lectura e a música da cantante islandesa Björk, afeccións nas que atopa no seu cuarto os seus mellores aliados á hora de construír un mundo paralelo onde vivir. A amizade con Eva, unha compañeira de clase que arrastra un pasado difícil, levaráa a descubrir en Internet a páxina de bookcrossing, un espazo web de persoas que liberan libros para que outras os atopen. Alexandra e Eva entrarán en contacto cun misterioso personaxe que, despois de anuncialo na rede, abandona nos cafés libros da poeta arxentina Alejandra Pizarnik. A lectura desta autora muda a maneira de ver as cousas de Alexandra que, mentres investiga a verdadeira identidade do personaxe, irá descubrindo os segredos da súa nova amiga. A paixón de Alexandra do escritor catalán, nacido en Betanzos, Xulio Ricardo Trigo, é unha historia emocionante que nos fala dos misterios que todos levamos dentro e de como podemos compartir con outras persoas as paixóns máis secretas.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

MEXILLÓNS PARA CEAR


Un relato de Birgit Vanderbeke que deixa sen alento.
A novela mostra a relación entre os mozos, as normas morais e a violencia doméstica a través das vivencias dunha familia modelo alemá.
A novela narra, na voz da filla maior, a espera ao pai, en viaxe de negocios, para o que prepararon a súa cea preferida. Ante o seu atraso, a medida que van pasando as horas, organízase unha especie de "revolta" que pon en cuestión todos os valores da vida tradicional. A ausencia do pai acaba provocando unha reacción de liberación do resto de membros da familia e dá pé a un replanteamiento das normas morais nunha noite que será histórica.

martes, 27 de septiembre de 2011

GABRIELA, CLAVO Y CANELA

Gabriela, unha fermosa mulata analfabeta, fuxindo do campo e da miseria en busca dunha vida mellor, trasládase a Ilhéus. Unha urbe do Estado brasileiro de Baía, transformada súbitamente pola riqueza do cacao naquel 1925, «cando florecían os cultivos nas terras abonadas con cadáveres e sangue e multiplicábanse as fortunas, cando o progreso establecíase transformando a fisonomía da cidade». Gabriela establece relación con Nacib, un pintoresco comerciante de orixe árabe, solteiro empedernido, que garda os atributos do bo fenicio. O amor desenfreado entre a sensual Gabriela e o pragmático Nacib entrelázase coas vivencias das irmás Reis e do sempiternamente namorado profesor Josué. Un cúmulo de paixóns humanas nun abigarrado marco rebosante de sensualidade e colorido, que ten por transfondo a loita encarnizada entre o «coronel» Raimundo Bastos e Mundinho Falçao, a tradición e a modernidade.
Gabriela, cravo e canela, a través do eixo central dunha sinxela e divertida historia de amor, constitúe unha crónica do Ilhéus de principios do século xx, centro da zona cacaotera brasileira, na que se librou unha violenta loita pola conquista da terra e a defensa da dignidade humana entre o campesinado e os «coroneis», os despóticos donos das plantacións, obrigados a ceder, non sen resistencia, ante o avance do progreso.
Publicada en 1958, Gabriela, cravo e canela representa o punto de inflexión de Jorge Amado, o paso a unha narrativa máis ambiciosa e aberta que, sen renunciar ao compromiso político da súa obra anterior, dá entrada ao pleno goce dun vitalismo e unha sensualidade profundamente ligados á cultura e aos costumes brasileiros, ao vitalismo da súa Baía natal.

lunes, 26 de septiembre de 2011

EL SEÑOR DEL CERO

José Ben Alvar, un mozo cristián, vive en en Córdoba na época dos mulsulmáns, indo a unha escola onde lle chaman "Sidi sirf" (señor do cero) pola súa facilidade para o calculo.
Alí Ben Salomón, un mozo crente do islam de pai mercante que odia a José, foi a dicirlle ao cadí para que o castige por ser doutra relixión. O problema era que tiñan testemuñas, aínda que o cadí foi bondadoso e mandouno ás terras do norte, a un convenio chamado Santa Maria de Ripol. Alí coñeceu a Emma: Unha moza que desexa ser monxa nun convenio e Gerbert: Un mozo que estuda o catro ciencias en números romanos e a quen José ensinará os números árabes. No convenio estudábase igual que nos colexios e copiábanse e traducían libros.
Un día reciben a noticia de que Emma vaise a ter que casar cun súbdito do califa á forza, aínda que ama a José antes da voda mandaron a José ao soto para encerralo, pero Arnuf libérao, casa con Emma e lles dá diñeiro para empezar unha nova vida no mosteiro de Leyre.

viernes, 23 de septiembre de 2011

20 ANOS DESPOIS


Nevermind é o segundo álbum da banda estadounidense Nirvana, publicado o 24 de setembro de 1991, un álbum que está considerado un dos mellores da Historia do Rock

Nevermind foi un sorprendente éxito a finais de 1991, en gran parte debido a "Smells Like Teen Spirit". (Pica no enlace para ver o famoso vídeo desta canción)



O grupo publicou outros exitosos discos, entre eles, no ano 1994 o titulado MTV Unplugged in New York, onde se poden escoitar cancións como esta que en su día compuxera o mítico David Bowie: "The man who sold the world", é dicir, "O home que vendeu o mundo"

Se queres saber máis desta banda de Seattle (por certo, cidade da que é orixinaria Cristine, a nosa lectora de inglés do curso pasado) pica no seguinte enlace: Nirvana.



Só mencionar aquí, que o seu cantante Kurt Cobain, toda unha lenda do rock, decidiu acabar coa súa vida pegándose un tiro cando soamente tiña 27 anos (esta é a versión oficial da súa morte, aínda que hai outras teorías...), sumándose así ao tristemente coñecido "Club dos 27", un club que forman famosos músicos que morreron a esa idade tan nova: Jimmy Hendrix, Brian Jones, Amy Winehouse, Janis Joplin e Jim Morrison. Todas esas mortes teñen un denominador común: o abuso de alcohol e drogas, que como vemos, sempre son malas compañeiras de viaxe.



Achégate á Biblioteca, aí temos un exemplar deste coñecido disco para que o poidas escoitar enteiriño, e así poderás facerche unha idea da música que escoitaba a mocidade de hai 20 anos...!!!

CAROLINA SE ENAMORA


Carolina é unha moza como as demais: quere facer máis cousas das que os seus pais lle permiten, a súa paga semanal nunca lle alcanza para todo o que lle gustaría, quere unha moto para poder moverse con liberdade e ten a cabeza chea de ideas propias que nunca encaixan coas dos adultos...

Alegre e optimista, a súa vida transcorre entre as súas amigas, coas que comparte os días e os soños, o instituto, os exames, as festas e a familia. Pronto chegarán os primeiros bicos, roubados na penumbra do portal, a música que soa sempre no momento adecuado e cuxa letra sempre parece contar a súa historia. E o amor? Como é o amor verdadeiro? Cando coñece a Massimiliano parece que a pregunta vai responderse ao fin, pero o que Carolina non sabe é que o amor tamén pode facer moito dano e que non está preparada para o que vai ocorrer...

Carolina namórase é unha viaxe a través dos sentimentos, é unha historia sobre a emoción que sente ao atopar o primeiro amor, sobre a dor, sobre a primeira desilusión, que chega sen avisar e déixache sen palabras, sobre a perda e sobre as múltiples e infinitas caras do amor.

jueves, 22 de septiembre de 2011

LA DAMA DEL ALBA




Valiosa producción dramática de Alejandro Casona onde se narra un drama rural onde o amor e o torrente vital pugnan por impoñerse a dor e a morte

miércoles, 21 de septiembre de 2011

UNHA NOVA ANDAINA!!

Benvidos a neste novo curso, aqui comezamos unha nova andaina. Dende hoxe xa podedes vir a Biblio a facer as vosas reservas, recomendacións, peticións... asi que ..... preparade o carné de lectores.... e que o ritmo non pare!!