viernes, 23 de septiembre de 2011

20 ANOS DESPOIS


Nevermind é o segundo álbum da banda estadounidense Nirvana, publicado o 24 de setembro de 1991, un álbum que está considerado un dos mellores da Historia do Rock

Nevermind foi un sorprendente éxito a finais de 1991, en gran parte debido a "Smells Like Teen Spirit". (Pica no enlace para ver o famoso vídeo desta canción)



O grupo publicou outros exitosos discos, entre eles, no ano 1994 o titulado MTV Unplugged in New York, onde se poden escoitar cancións como esta que en su día compuxera o mítico David Bowie: "The man who sold the world", é dicir, "O home que vendeu o mundo"

Se queres saber máis desta banda de Seattle (por certo, cidade da que é orixinaria Cristine, a nosa lectora de inglés do curso pasado) pica no seguinte enlace: Nirvana.



Só mencionar aquí, que o seu cantante Kurt Cobain, toda unha lenda do rock, decidiu acabar coa súa vida pegándose un tiro cando soamente tiña 27 anos (esta é a versión oficial da súa morte, aínda que hai outras teorías...), sumándose así ao tristemente coñecido "Club dos 27", un club que forman famosos músicos que morreron a esa idade tan nova: Jimmy Hendrix, Brian Jones, Amy Winehouse, Janis Joplin e Jim Morrison. Todas esas mortes teñen un denominador común: o abuso de alcohol e drogas, que como vemos, sempre son malas compañeiras de viaxe.



Achégate á Biblioteca, aí temos un exemplar deste coñecido disco para que o poidas escoitar enteiriño, e así poderás facerche unha idea da música que escoitaba a mocidade de hai 20 anos...!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario