miércoles, 29 de junio de 2016

Festival de fin de curso

Unha pelexa de galos é un desafio improvisado en verso, con base de rap. Nun momento de expansión brutal do freestyle nas rúas da Galicia, esta pode ser a primeira pelexa de galos en lingua galega. Grazas a  Vicente e a Xavi Shadow.





miércoles, 22 de junio de 2016

Descubrindo o laboratorio de Física e Química

O alumnado de 1º ESO foron onte ao laboratorio de Física e Química onde a Profe Chelo lles falou do material que alí tiña senon que lles fixo varios experimentos. As imaxes mostran algunhas das cousas que fixo. Grazas!!

jueves, 16 de junio de 2016

Convenio Concello e Camballón



Onte tivo lugar, na aula Manuel Dobarro, a firma  dun  convenio entre o Concello, Residencia e Instituto. Deste xeito garantízase ao alumnado do Ciclo Medio de Atención  a Persoas en Situación de Dependencia  unha  oferta de prácticas e unha saída laboral.
Formación, industria e institucións demantes de personas formadas deben camiñar xuntos e colaborar.


El Faro de Vigo

martes, 14 de junio de 2016

Xornadas de orientación vocacional

Na tarde de onte o alumnado de 4º ESO asistíu na aula Manuel Dobarro a unhas charlas sobre Ciclos Medios, de centros da comarca do Deza. Explicáronlle en que consistían e cales eran as saídas profesionais dos mesmos.
Fernando, o orientador do centro, faloulles da FP de Grao Medio e do Bacharelato.

sábado, 11 de junio de 2016

Convivencia en Cerceda

A piques de rematar o curso, o alumnado Relixión participou nunha xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda.

martes, 7 de junio de 2016

Proxectos arteferro


Este é o dossier que elaboraron os alumnos do Ciclo de Soldadura despois de buscar información, diseñar e aplcar os coñecementos adquiridos durante o curso. As creacións son impresionantes. Parabéns!!.



Traballos Alumnado

Receitairo de TAPSD

O módulo de Apoio Domiciliario fixeron como traballo final unha recopilación de receitas realizadas ao longo do curso e da que deixan unha mostra na nosa Biblioteca. Mirade que cousas fixeron.
 Noraboa Amelia!!

jueves, 2 de junio de 2016

Recollida de diplomas 1ª movilidade Erasmus+


Hoxe tivo lugar en Pontevedra a recollida de diplomas do alumnado de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería que finalizou a 1ª movilidade Erasmus+ Deputación de Pontevedra, cunha estancia de seis meses en Belfast e unha cuantía de 1600 euros/mes.Ao acto organizado pola Deputación de Pontevedra asistiron dous alumnos que participaron, Diego Filloy e Rafael Viana,  o xefe de estudos do centro, Ricardo Rey, e o director, Diego Arias.
Experiencia laboral, mellora da competencia lingüística e maduración persoal son puntos clave deste proxecto.
Á pregunta, repetirías estas experencia? Ambos coinciden en dicir: Sí, sen pensalo.
Gran proxecto e grandes rapaces. Parabén Diego e Rafael!!






Sendeirismo e Orientación en Lalín

O departamento de Educación Física programou unha actividade para os alumnos de 1º de ESO. Foron ata Lalín para facer un xogo de orientación no parque do Auditorio e, logo, un pouco de sendeirismo polo paseo do Pontiñas, rematando no centro comercial para recuperar a enerxía gastada.

miércoles, 1 de junio de 2016

O Ciclo de Soldadura visita en Bilbao a BIEMH





Os alumnos do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería do Marco do Camballón visitan a 29 edición da feira BIEMH (Feria bienal de la máquinas herramientas).
 Esta feira, unha das máis importantes deste sector de Europa, ten lugar cada dous anos en Bilbao na BEC. É unha oportunidade única para estes vinte alumnos e tres profesores poder ver os avances tecnolóxicos do sector da fabricación mecánica en xeral.







Recomendación verán

Esta son as recomendación que facemos dende a  Biblioteca para o verán. Felices lecturas!!

Lecturas



Bookstrailer en galego

O alumnado de 1º de Bacharelato fixeron estas suxestións de lectura.