lunes, 30 de octubre de 2017

Almorzo saudable

Hoxe o alumnado de 4º ESO tivo o placer de asistir a unha sesión de cociña da man de Lucas Requejo na aula do Ciclo medio para coñecer e preparar un Almorzo e merendas saudables.
Partiron dunha autoreflexión sobre o que facemos, porqué o facemos e cal é a consecuencia na nosa saúde. Como e cando funciona o fígado e como influímos sobre o seu funcionamento. Importancia do almorzo e a merenda.
Coñeceron produtos e combinación de alimentos que descoñecían. A panela, o cacao puro sen azucre, distintos tipos de fariñas. A importancia de tomar cada día ao ergurese un pouco de auga morna con zume de limón. Como se poden facer almorzos e merendas con sabor doce sen empregar azucre. O consumo de produtos de tempada. Os frutos secos. Como non debemos pasar moitas horas sen inxerir alimentos.

En resume: a alimentación é a acción que nos achega á saúde.

miércoles, 25 de octubre de 2017

Coñecemos aos maiores da Brea

Hoxe contamos  coa presenza dos veciños da Asociación veciñal Minas da Brea, que nos falaron do seu proxecto "A miña historia". Permitironnos coñecer un pouco máis das nosas raíces. Contáronnos como foi a súa experiencia na viaxe que fixeron a Polonia e a Veselá. Moitas grazas por compartir esta experiencia.

martes, 24 de octubre de 2017

Tocando as estrelas. Violencia Zero

Hoxe contamos no centro con Abi Castillo, que veu a reinvidicar, coa obra artística que nos fixo nunha parede, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Neste proxecto participou o alumnado do IES e realizouse en colaboración coa Diputación  de Pontevedra e Concello de Vila de Cruces.
No acto houbo un recordo para as mulleres que foron vítimas de violencia de xénero.

Semana da Bibliteca

Esta semana celebramos o día da Biblioteca, e este curso inaguramos un novo espazo para traballar en equipo e como sala de xogos. Hoxe repartimos os carnés ao novo alumnado, profesorado e pais e comezaron a moverse as carpetas viaxeiras de 1º e 2º de ESo. Durante toda esta semana aos nosos lectores agasallarémolos cun marcapáxinas que ten unha receita saudable.

Insertar en Blog

Tamén queremos deixar unha mostra das suxestións de lectura que nos fixeron algúns colaboradores, empregando como elemento motivador a col que tan saudable é.


2017-10-24 día da bibliteca



Feliz Semana da Bibliteca!!

lunes, 16 de octubre de 2017

Convivencia con Sevenoaks School

Onte o noso alumnado pudo compartir unha xornada co alumnado de Sevenoaks School procedentes do Reino Unido. Xuntos percorremos a costa dende Muros ata Fisterra. Paramos nas fervenzas do Ézaro, no cabo Finisterre na praia da Langosteira e en Ponte Maceira visitamos A Ponte Vella. Unha excelente experiencia.

lunes, 9 de octubre de 2017

Tendal de hábitos saudables


Insertar en Blog

 Comezamos o curso traballando os hábitos saudables dende as distintas titorías cos obxectivos de difundir os hábitos saudables entre a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado, persoal de servizos...)e expertar a conciencia da importancia de realizar certos costumes e mellorar a nosa saúde. Traballamos: alimentación, hixiene, relacións persoais, satisfacción persoal/ desenvolvemento emocional.

viernes, 6 de octubre de 2017

Técnicas de estudo

O alumnado de 1º de ESO está participando nun obradoiro de Técnicas de Estudo con Salomé. Este obradoiro realízase en colaboración co departamento de Orientación e contarán con 4 sesións que se prolongarán durante o mes de outubro e novembro.