jueves, 30 de noviembre de 2017

Regueifesta

Onte tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal a presentación do proxecto Regueifesta. O alumnado que participou estivo nun taller de regueifa na CSC da Trisca e regueifaron na Praza o Obradoiro. Ademais visitaron o Museo do Pobo Galego.

lunes, 27 de noviembre de 2017

27N

No día de hoxe celebramos no centro o día contra a violencia de xénero.



2017-11-27 27N

No acto o alumnado do ciclo leu un manifesto. Un grupo de alumnas e alumnas tocaron Imagine de Lenon.



As delegadas e delegados xuntos cas subdelegadas e subdelegados de cada clase foron os encargados de soltar un globo en representación de cada clase.
Durante o recreo tamén inaguramos a aula de alumnado na que se estivo traballado neste trimestre para crear un espazo adicado ao xogo e para realizar traballos en grupo.

viernes, 24 de noviembre de 2017

Emparellamentos TEI

O alumnado e 1º e 3º ESO tivo unha sesión conxunta para coñecer cales ían ser os seu titores e titorando. Durante esta sesión repartíronse os carnets e fixeronse actividades para que o alumnado se puidera coñecer.


25N: Mulleres e homes pola igualdade

Luns terá lugar no noso centro, ás 11:15, a lectura dun manifesto co lema Mulleres e Homes pola igualdade, realizado polo alumnado de Ciclos ao que nos suscribimos todo o centro. Tamén se fará unha solta de globos e o alumnadodo instituto que toca na Banda Artística de Merza interpretará a canción Imagine de John Lennon, baixo a direción de Pablo Fernández Gúzman.

viernes, 17 de noviembre de 2017

Presentación TEI 1º ESO

Hoxe tivo lugar a presentación do TEI (Títoría entre igual), proxecto no que o centro leva traballando durante dous anos, para o alumnado de 1º de ESO. Durante esta sesión estiveron traballando coas súas titoras (Susana e María) e o orientador (Fernando) como se poden contribuír á convivencia  no noso centro.

jueves, 16 de noviembre de 2017

Mes da Ciencia en Galego

O alumndo de 2º ESO de Física e Química, estivo traballando, durante este mes, coa súa profe Charo. Elaboraron unha lámpada de lava caseira e con ela estudamos a densidade das sustancias. Experimentaron con varias mezclas e traballamos a densidade: auga+ aceite; auga+ colorante
Para rematar a lámpada engadeuselle unha pastilla efervescente que o contacto coa auga produce CO2, este sube con auga que está coloreada e fai unha burbulla no aceite o que simula a lava. Ao chegar á superficie o gas sae e a auga volve ao fondo.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Lendas e patrimonio

Esta tarde visitaron o IES Marco do Camballón Antonio Presas e José Carlos García Porral para falar das lendas e do patrimonio da Comarca do Deza.
Antonio  falounos das Mámoas e castros da Comarca, así como da boa situación xeográfica que ten o Concello de Vila de Cruces. José Carlos presentounos un enorme patrimonio inmaterial, composto ata o momento de 516 lendas recollidas mapa.

viernes, 10 de noviembre de 2017

Visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas

O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca municipal que leva o nome dun ilustre escritor e veciño do Concello de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas. Elsa e Mónica explicaron como funciona, que servizos ofrece e como se pode acceder a Galicia- Le. Fixemos unha pequena actividade sobre o escritor e despois puideron revisar os fondos dos que conta. Agradecer a Mónica e Elsa a acollida e as explicacións.

jueves, 9 de noviembre de 2017

Magosto cos nosos maiores

O alumnado de 1º TASPD foi o encargado, este ano, de dinamizar o magosto na Residencia de Maiores de Vila de Cruces.
Tanto os residentes como os participantes do taller de memoria  do concello, compartiron unha tarde de xogos, música e por suposto castañas!!!.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

Xadrez no Camballón

Comeza un novo torneo de Xadrez no Camballón, todo o alumnado que queira particiar pode apuntarse na biblio.

Apuntádevos!!

domingo, 5 de noviembre de 2017

Gañadores do magosto














Ovenres estiveron realizaron distintos xogos con motivo do magosto, o equipo que máis puntuación acadou foi Licores Casal 2 con 115 puntos. Parabéns!

viernes, 3 de noviembre de 2017

Magosto

Hoxe celebramos no Camballón unha edición máis do Toma Castaña. Comezaron o alumnado de 2º ESO facendo una demostración de Regueifa acompañados do profesor de RIOV, Séchu Sende. 
A continuación Manuel Lugo deu paso a participación, por equipos, no concurso de xogos.
Rematamos esta sesión degustando as castañas que o Concello asou no patio do centro.

Iconos saudables

O alumnado de 1º ESO estiveron traballando con José Manuel de Plástica iconos sobre hábitos saudables, estes foron os resultados.