sábado, 30 de marzo de 2019

Proxecto Mersh

Os estudantes da Facultade de Mediciña de Santiago de Compostela, alumnado dos últimos cursos da carreira compartiron toda a mañá do venresco alumnado de 2º e 3º de ESO,impartindo docencia e realizando talleres sobre Sexualidade e Saúde Reprodutiva e Primeiros Auxilios e Soporte Vital Básico.
O proxecto MERSH (Hospital de Educación Médica, Sexualidade e Saúde Reprodutiva) que naceu en Santiago no 2014. Esta actividade ten as súas orixes noutra. que realiza tamén a asociación MEIGA, dirixIda a alumnado de educación infantil e primaria: o Hospital de Osiños de Peluche (TBH, Teddy Bear Hospital).

Memoria prodixiosa


 O departamento de Matemáticas leva tres anos consecutivos celebrando unha proba de memorización do numero PI para conmemorar o Día Internacional de este número especial, que se conmemorou o 14 deste mes.
Este ano, Nuria Torres, alumna de 3º ESO, memoriza 145 cifras do número PI, converténdose así na mellor marca de Galicia e a sexta de España. 
Nuria alcanzou este resultado no primer intento e nun tempo de 4 minutos.
Parabéns Nuria!!



martes, 26 de marzo de 2019

Representación da Cistellaria de Plauto



Este luns 25 de marzo, as alumnas e alumnos de Latín, Grego e Artes Escénicas do IES "Marco do Camballón" fixemos unha excursión a Ourense para asistir á representación da Cistellaria de Plauto a cargo de SV Producciones. Despois dun breve paseo polo casco antigo da cidade, dirixímonos, gozando dunha temperatura e un ceo espléndidos, ao Auditorio Municipal, onde coincidimos con centos de alumnas e alumnos doutros centros de ensino secundario de Galicia. A obra non defraudou e a vis comica de Plauto espertou as gargalladas dun público entregado 2200 anos despois da estrea da obra. Teresa Amado, organizadora deste evento, emprazounos para o vindeiro ano no que se celebrarán os primeiros 20 de existencia do Festival de Teatro Clásico de Lugo. Parabéns pola efeméride, intentaremos formar parte dela.


viernes, 22 de marzo de 2019

Explorando os límites do libro e a poesía

Durante esta semana na materia de Lingua galega e literatura, o alumnado de 1º de ESO comezou unha tarefa que ten como finalidade última a realización dun minilibro poético, aproveitando a actividade suxerida pola Biblioteca para celebrar o 23 de abril.
A tarefa iniciouse cunha breve investigación sobre a orixe do Día Internacional da Poesía e do Día do Libro. Posteriormente, o alumnado visitou a exposición de libros, organizada polo departamento coa axuda da Biblioteca, que se colocou na nova e flamante Sala do alumnado; alí observaron e manipularon libros poucos convencionais, tanto de narrativa como de poesía, e comprobaron que poden ter formatos moi diversos e mesmo soprendentes, ao tempo que admiraron a calidade artística dalgúns exemplares.
A segunda parte da sesión estivo dedicada á lectura de poesía: cadaquén escolleu o libro/s que lle chamou a atención dunha selección duns 20 poemarios do fondo da biblioteca. O obxectivo fundamental era desmontar prexuízos sobre a poesía e abofé que comprobaron que a poesía non sempre ten que rimar, nin ser aburrida, nin tratar de amor, nin ser incomprensible… Os libros que maior entusiasmo espertaron foron, sen dúbida, os de Carlos Negro (Makinaria e Penúltimas tendencias), Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados) e Lupe Gómez (Poesía fea), pero non os únicos.
Na seguinte fase do proceso toca escoller un poema/s ou aplicar os novos coñecementos para compoñer un propio e deseñar o minilibro (a ver se algo da beleza e sorpresa do que viron deixou pegada). Seguimos traballando e proximamente teremos os resultados finais, pero non pode haber poema máis redondo para unha docente ca ver ao alumnado abalanzándose sobre unha caixa de poemarios coma se estivese repleta de lambonadas!

Visita ao centro estatal do Alzheimer



O alumnado do ciclo medio de atención s persoas en situación de dependencia, realizou unha visita didáctica ao centro de referencia estatal do Alzheimer e outras demencias. Durante a visita o alumnado participou nun obradoiro sobre alimentación e demencia e realizou uha visita as suas instalacións, visitando as diferentes espacios onde se realizan os programas de estimulación sensorial, terapia asistida con animais, rehabilitación neurolóxica e arteterapia.

Visita das irmáns Cabaleiro

No día de onte estiveron con nós
Para celebrar o día da Muller, o alumnado de 4º ESO, 1º Bac e 1º Soldadura asistiron a unha charla a cargo de Carolina e Ana Cabaleiro.
Carolina comentou a súa experienca como única alumna do ciclo de Soldadura e a súa irmá Ana falou da súa actividade como escritora e explicou como foi o proceso creativo do seu libro As Ramonas ( obra que se está traballando no Club de lectura de 4º ESO).


miércoles, 20 de marzo de 2019

Parlamento Xove

Esta fin de semana, 15 e 16 de marzo, o alumnado matriculado en Iniciación ao debate participou por primeira vez no torneo de debate Parlamento Xove. O tema a debater foi “Deberiamos unificar as políticas de acollida de persoas refuxiadas en todos os estados membros da UE?”. Aínda que, como podedes supoñer, non era doado opinar oralmente sobre esta cuestión tan complexa, Iván Fdez. (refutador), Ërika Mato (refutadora), Lucía Pampín (oradora), Noa Pichel (asistente da coordinadora), Carla Sánchez (oradora) e Araceli Costoya (coordinadora)  foron capaces de acadar o décimosexto posto, unha posición máis que digna para cinco debutantes. Ademais, como colofón a esta magnífica estrea, Lucía Pampín obtivo o galardón de Mellor Oradora do torneo. Sentímonos pletóricos, moi orgullosos.

viernes, 8 de marzo de 2019

8M♀️

8M♀️

POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS. 
MULLERES EN FOLGA, REMATEMOS CO SILENCIO


No Día da Muller deixamos un vídeo realizado polas alumnas do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, para dar visibilidade e loitar pola igualdade de xénero. En loita polos dereitos das mulleres, brillantes e dignas como lúa!
SÍNTOME VIVA, SEMPRE VALENTE, SEMPRE LIBRE E SEMPRE COMBATIVA. ♀️

O noso agradecemento ao grupo de rapazas "Enxebres" de Vila de Cruces e ao ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia.




PD: Viva a igualdade, a diversidade e a música tradicional galega.


Performance

Froito do taller de afectividade e autoestima, o alumnado de segundo da ESO realizou unha "performace", sobre a necesidade de rachar cos estereotipos de xénero e aprender a valorarse como persoas únicas e diferentes.

jueves, 7 de marzo de 2019

Igualdade

Hoxe tivo lugar unha serie de actividades realizadas polo alumnado de 2º ESO da materia de Igualdade de Xénero para o alumnado de 1º ESO e 3º ESO para celebrar o  8 de marzo.

Deseñaron e levaron a cabo un xogo de pistas co alumnado de 1º ESO


Con 3º de ESO fixeron un pasapalabra.


2019-03-07 Igualdade2

Bravo por estas alumnas empoderadas!

sábado, 2 de marzo de 2019

Entroido

E xa toca disfrazarmos.... Este ano traballamos o entroido por titorías. O alumnado debía elaborar unha canción , caracterizarse e facer unha representación no ximnasio. Estivemos acompañados por un fabuloso grupo de músicos que foron  os  encargados de marcar o inicio e o fin da actividade.

viernes, 1 de marzo de 2019

Xornada TEI

Coa finalidade de seguir coñecendo a nosa parella Tei  ,o pasado 1 de marzo realizamos 2 talleres sobre habilidades sociaise e sobre a confianza na nosa parella Tei.O resultado aquí o tedes!

Entroido na Residencia

O pasado xoves 28 de febreiro as alumanas  de primer curso do ciclo medio técnico en atención a persoas en situación de dependencia, realizaron a animación do Entroido na residencia de Maiores de Vila de Cruces.Durante unha hora realizaron actividades cos maiores para logo desfrutar todos xuntos dunhas orellas con un fantástico chocolate.