viernes, 21 de junio de 2019

Fin de curso

Hoxe, damos por rematado este curso con moita festa: entregas de premio, bailes e música. Esto foi unha pequena mostra do que se fixo. Disfrutade das vacacións e boas lecturas a todos e todas. Vémonos en setembro!!

As túas máns poden salvar vidas

Onte tivemos  a gran sorte de contar cunha visita moi especial, os nosos ex-alumnos e alumnas que están cursando Mediciña, Lucía Blanco, José Luis Puga e Natalia Santiso. Estiveron co alumnado de ESO concienciándoos o importante que pode ser a axuda inmediata para salvar a vidas doutras persoas e como uns minutos de esperan teñen graves consecuencias. Tamén non falaron do DEA que temos no concello e onde están situados. Moitísimas grazas por esta visita!!

martes, 18 de junio de 2019

A nosa música somos nós

O noso centro está cheo de xente musical e a música da regueifa, as bandas, a tradición, o rap ou o rock, entre outros estilos, enchen as nosas  vidas. Para moita xente do instituto a música é vida. Respiramos facendo, escoitando, gozando coa música.

Ademais temos a sorte de vivirmos en galego. Sabemos outras linguas e vivimos en galego. Cantamos noutras linguas e cantamos en galego. E aínda que non é moi normal encontrar a música galega nos medios de comunicación, porque a situación socio-cultural e política é adversa, as nosas redes sociais abren as portas á música na nosa lingua, a nosa música. 

A pesar de que moita xente pensa, a música galega é extensa e variada. Máis alá dos prexuízos que reducen a música galega a gaitas e pandeiretas, no Camballón coñecemos ska, techno, rap, pop, rock, reagge e calquera estilo musical en galego. Porque en galego podemos expresar todo o que queiramos e do xeito que queiramos. 

E de feito, hai centos, milleiros de persoas que fan música na nosa lingua. E entre a xente máis nova estamos nós: Noa e as Enxebres, as regueifeiras e regueifeiros, a xente que desde as Cruces bota fora do seu peito as palabras do noso idioma. Ou Sabela, Sokram ou A Banda da Loba...

Durante dous cursos estivemos a tirar fotos cheas de simpatía e puxemos os nosos corpos para completar as carátulas de máis de 40 cds da historia e da actualidade da nosa música, desde Ana Kiro a Sés, de Pucho Boedo a SondaRua, de Xenreira a Cuarta Xusta.

Dise que un pobo que canta nunca morre. E nas Cruces sabemos cantar e escoitar moi ben na nosa lingua. A música precisa pobo e moita xente no Camballón sentimos ese compromiso, esa ligazón, esa unión coa nosa música e coa nosa lingua. Debería ser o normal, como en calquera lugar do mundo. 

Temos sorte! Viva o Camballón!

Que a lingua nos acompañe! Que a nosa música nos acompañe!




Acto de graduación

Onte tivo lugar o acto de Graduación do alumnado de 2º Bacharelato e Ciclos Formativos. O evento tivo lugar no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces onde alumndo, familias e profesorado vivíu momento moi emotivos. Moita sorte nesta nova etapa!!

Girls of the worth

O alumnado da materia de Igualdade de xénero ben de crear un punto de observación sobre os medios de comunicaciók. O  taboleiro leva por nome e quere  ser un punto de reflexión e crítica sobre o que está a acontecer coas mulleres neste século XXI.


viernes, 7 de junio de 2019

Un curso de emocións

Este ano traballamos as emocións como tema transversal  e estes son algúns materiais que se elaboraron interdisciplinarmente.
Material preparado pola Biblioteca coa colaboración do departamento de Lingua Galega.
Presentacións do departamento de Historia


Cancioneiro feito polo Clube da lingua e Normalización.
A poesía que emociona traballado nas materias de Galego e ITI.

Radical Punk



 Gústame














Superpop















Guapa y a la última
















Pornografía















Nota necrolóxica
















Lúa
















Fast &Furius


Poesía fea
















Suicidio


martes, 4 de junio de 2019

PARTICIPAMOS NO CUARTO LANZAMENTO DA NOSA

O pasado 28 de maio, o noso centro participou no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV, organizado pola NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. Baixo o nome de "Misión Einstein: rastrexando raios cósmicos", esta cápsula pretendía poñer en marcha unha serie de experimentos moi interesantes: dúas mostras biolóxicas expostas á radiación e condicións da estratosfera, para analizar a influencia destes factores nelas; sensores de ozono e radiación UV; medición do campo magnético terrestre; e un detector de muóns que pretende evidenciar de xeito empírico algúns efectos pronosticados pola Teoría da Relatividade de Einstein.
O día do lanzamento, o tempo era favorábel ao voo, se ben en superficie había rachas de vento que provocaron o impacto da cápsula contra un muro aos poucos metros do despegue. Malia iso, a misión continuou sen máis contratempos, aterrando nas inmediacións do concello de Maceda. Tras catro días de búsqueda, a cápsula puido ser recuperada con éxito grazas á colaboración no rastrexo da familia Regos, de Ordes. Tras abrir a cápsula, puidemos comprobar o bo estado do instrumental e iniciar a análise dos datos.
Neste voo acadamos un novo rexistro de altura, chegando aos 35553 m. A anterior marca fixáraa a MarumaSat II, con 33612m

sábado, 1 de junio de 2019

Equipo de ciberasesor@s

O alumnado de 2º ESO traballou nun programa de mediación no entorno das redes sociais chamado Ciberasesor@s. O obxectivo non é outro que o de concienciar ao alumnado dos riscos dun mal uso das redes sociais.
Durante as sesións de titoría de 2º ESO o alumnado traballou os distintos riscos asociados ás redes. A partir de aí, elaborou unha presentación centrada en dous temas: sexting e grooming. O noso alumnado asumiu un papel activo e este venres traballaron co alumnado de 1º ESO do IES.



Sesión TEI 1 e 2

O alumnado de TEI-1 e TEI-2 celebraron a clausura das actividades TEI do presente curso. TEI-1 desfrutou dun obradoiro de xogos tradicionais con elementos naturais  e xogos psicomotrices. O TEI-2 asistíu ao visionado da película Mustang, da que de seguro sacaron interesantes conclusións.